#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O anecdotario: «Salto de altura no vestiario», por Andrés Bustelo

O que vos vou contar sucedeu hai un par de anos, na miña última temporada en Xove. Foi bastante simpático a verdade. Xogabamos contra o Escairón, no seu campo. E adestrábanos o mítico José Manuel. Xa todos o coñecemos. Un motivador nato ao que lle gusta moito o fútbol. Un home moi intenso, que vive este deporte dunha maneira moi especial.

Empezou ao partido e ao pouco xa nos dimos conta que as cousas non salían como plantexaramos. Perdiamos ao descanso e José Manuel non estaba conforme co equipo. Entramos coa cabeza agachada ao vestiario, mirando para o chan. Entrou o míster, tranquilo, ata que a tomou co noso dianteiro Juanjo. O mítico Juanjo Coello, un xogador espectacular. Pero tocoulle a el.

Díxolle que non gañaba un balón. Que tiña que pelexar, saltar, gañar o balón de espaldas. O enfado ía ‘in crescendo’. Aumentando a intensidade do discurso.

«Tes que cuadrarte, poñerte de costas, aguantar ao denfesa. Tes que facer así«, explicou José Manuel.



E ao dicir iso, saltou dúas ou tres veces contra a parede do vestiario. Uns saltos espectaculares, pensamos que caía o tabique abaixo. Sonaba «pum, pum». Todos mexándonos da risa pero non podiamos rirnos nese momento. Xa vos imaxinades a uns cantos tapando a cabeza coa camiseta. Recordo que eu estaba ao lado de Juanjo e Diego Chao. E nós dabámonos empuxóns co xeonllo como xesto de complicidade. Ríome só de pensalo.

Pois nese momento José Manuel chimpou o último dos saltos. E xusto meteu o pé no cubo da roupa sucia. Medio tropezou e estivo a nada de caer. Saímos á segunda parte que non sabiamos onde meternos da risa. Pensando se aquilo fora real ou un soño. Nunca viramos un adestrador saltando contra a parede para imitar unha xogada de partido.

Andrés Bustelo Rodríguez. Centrocampista do Foz, ‘twitteiro’ consagrado



O anecdotario: «Salto de altura no vestiario», por Andrés Bustelo

O PM Friol B, o Antas e

O anecdotario: «Salto de altura no vestiario», por Andrés Bustelo

O Polvorín xogará a fase de ascenso

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *