Ano 2016. Era eu xuvenil de terceiro ano no Lugo de División de Honra. A principios de tempada, creo que era a xornada 3, xogabamos contra o Compostela en Friol.
Esa semana eu estaba lesionado. Mancárame no partido anterior. Álex Antón, o meu adestrador e agora no Deportivo, preguntárame o venres se estaba para xogar. Eu quería estar pero el díxome que non me ía convocar. Que ou estaba para ser titular ou non estaba. Eu sentía dor e como me viu dubidar… non quedou outra que acatar a súa decisión.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/EQUIPO-LEMOS.jpg)
Daquelas, os non convocados do equipo tiñamos que ir adestrar á hora da convocatoria. Iso mentres os compañeiros que van participar teñen a charla no vestiario. Pois ben, ese domingo chegaba despois dun cumpreanos dun amigo meu o día anterior en Monforte. Ao non estar convocado e só ter que ir adestrar unha hora… decidín saír un rato. Cheguei ás cinco da mañá á casa, como todo rapaz de dezaoito anos.
A convocatoria estaba posta para as 09.00 horas. Sendo de Monforte, tiña que saír mínimo unha hora ou hora e cuarto antes. Despois de durmir tres horas escasas, marchei para Friol contando non estar convocado.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Cheguei alí, vestinme e púxenme a adestrar co preparador físico Bruno. De súpeto, chamoume o míster:
–«Adestra un pouco máis forte que os demais que igual Yago (o dianteiro) non pode vir. Tivo un golpe no coche«, espetou.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/05/LEMOS-ASIER-edited.jpg)
Comenteillo a Bruno e quecín máis forte. Pero estaba canso de non durmir ben. Aos dez minutos, Álex Antón pediume que me puxera o número 9. Que xa me dixera que ou xogaba titular ou non xogaba este partido.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Empezou o partido. 0-1, gol do Compostela a balón parado. Empecei a ter pensamentos de que no meu estado non podía axudar moito ao equipo. Aínda así, logramos empatar. Pero puxeron o 1-2 de novo a balón parado. Despois tiven a sorte de me fixeran un penalti. Escriche non fallou. E logo, púxenlle o terceiro a Castrín nun saque desde o curruncho. E o cuarto, un pase de gol a Escriche.
No minuto 60-65 pedín o cambio. Álex Antón preguntoume pola ingle, onde eu estaba mancado. Díxenlle a verdade, que saira e me atopaba moi canso. Tiven a sorte de que me saiu un bo partido. Agardo que ninguén saque algún aprendizaxe disto, foi simplemente unha anécdota que saiu ben.
Asier Seijas Fernández. Xogador do Lemos, non se lle dan mal as resacas