#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Feminino

O anecdotario: «Aquel primeiro adestramento…», por Iban Crespo

Hoxe vou falar do primeiro adestramento do Carballedo feminino. Vaivos quedar claro o que é empezar un proxecto de cero. Chegamos á estrea con 33 rapazas, e co presidente Adri por alí para botarme unha man con tal cantidade de xogadoras. Para coñecelas tamén e ver por onde ía ir o tema.

Pois ben, decidín dividilas en catro rondos para agardar por algunhas que viñan máis rezagadas. Metín no medio de cada un deles a rapazas que coñecía xa de antes, para ter algo de información tamén.

Comezamos o exercicio. En tres dos grupos a cousa ía moi ben. Pero había un que estaba parado, con cuchicheos e risas. Acerqueime alí a ver que pasaba. Pregunteilles o motivo polo cal o rondo estaba parado. Contestoume a rapaza que estaba no medio do mesmo:

«Dícenme as compañeiras que lles teño que quitar o balón. Pero ti dixéchesme que viñera para o medio».



Quedeime algo pensativo e contestei:

«Pero como no medio? Están as rapazas por fóra e ti teslles que roubar o balón«.

«Ah vale, é como me dixeras que quedara no medio… Quedeime no medio. Non dixeras nada de quitarlles o balón… Vale vale», respostou a xogadora.



Aquel Carballedo orixinal

Pegoume a risa. Iso xa non era comezar de cero, máis ben de -1 ou -2.

Acabamos o adestramento sen maiores sobresaltos e marchamos aos vestiarios. Adri e eu fómonos duchar ao mesmo. E alí comenteille se se dera conta do detalle do rondo. Dixo que non e conteillo.

Mirou medio ‘enxabonado’ para min e díxome:

«Isto váisenos facer moi longo».

Rímonos os dous, primeira nos dentes nada máis comezar. Pero nin tan mal, catro anos despois aquí estamos. As rapazas medrando como xogadoras e nós como club. E cunha anécdota ben curiosa para contarvos.



Iban Crespo Gómez. Adestrador do Carballedo, experto en rondos

O anecdotario: «Aquel primeiro adestramento…», por Iban Crespo

Os filiais impóñense na Terceira

O anecdotario: «Aquel primeiro adestramento…», por Iban Crespo

O Racing Vilalbés volve a zona de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *