Teño o gafe da vitoria. Levo máis de dous anos sen gañar. Todo comezou antes de pandemia, a semana anterior a que esta comezase. Aí expulsáronme.

Logo xa estivemos un ano parados coa propia pandemia. Na primeira xornada que tivemos fútbol, cumprín a sanción. Logo houbo un par de partidos nos que tiven a sorte de meter gol en case todos. E non son eu moi de anotar… Pero seguía sen haber maneira. Empatamos dous ou tres partidos.
Despois lesioneime, para variar. Xa non sei canto tempo levo lesionado nestes últimos anos… Volvín a última xornada da temporada pasada co Ribadeo para intentar meternos en fase de ascenso. Quince, vinte minutos e nada… Empate.
Así seguimos ata este ano, que comecei na primeira xornada co Betanzos. Iamos gañando e empataron no 88. E o gafe incrementouse cunha nova lesión. Esta é a máis graciosa.



Despois dun tempo sen xogar por unhas molestias, volvín en Santaballa. Metín dous goles, un deles no minuto 92. Parecía que si, pero non! Coa emoción de ver que rompía o gafe, tireime no céspede natural da Liga pensando que ía deslizar e marcarme unha celebración bonita. Resulta que ao final rolei pola herba, quedóuseme o brazo enganchado nun terrón e rompín o ombreiro. Catro meses máis de baixa e empate (4-4) no minuto 95.
Conseguín volver recuperarme. E desde aquelas só xoguei en Puebla. Gañabamos 1-2 e empataron no 88. Por suposto, volvinme fastidiar. Na pasada fin de semana enfrontámonos co Estudiantil. Fun convocado con molestias no xeonllo. Iamos gañando 1-8 e pedinlle que me sacara xogar para romper o gafe. Non me deixaron e aquí estou. Dous anos sen gañar. A ver cando a rompemos. Ogallá que co Ribadeo.
Javi Raposo Gómez. Pura clase para a medular da Residencia. Din que é gafe
