#Cadetes #Fútbol Base #Infantís

Nova convocatoria das seleccións sub 15

Futbolinlugo preocúpase pola base. E por iso, somos os primeiros en ofrecervos as novas convocatorias das Seleccións Provinciais sub15. Tanto en categoría masculina coma en feminina, os nosos equipos desplazaranse este luns 27 de febreiro a Carballo. Alí se celebrará unha xornada máis do Torneo de Seleccións Comarcais Galegas.

O combinado feminino, capitaneado por Joaquín, conta cunha notable presenza de xogadoras da Milagrosa. Trece das dezaoito convocadas pertencen ao clube capitalino. Completan a citación dúas futbolistas do Antas, outras dúas das ED Chantada e unha do Becerreá. Lugo xogará frente a Vigo a partires das 12.30 horas e contra Ferrol ás 18.30 horas.

O conxunto masculino, dirixido por Míchel, estará formado por 17 xogadores. Lugo e Residencia aportan catro xogadores cada un. Viveiro, Castro e Porto Burela, outros dous por cada club. Por último, Racing Villalbés, Sarriana e Xove aportan un representante. Lugo enfrontarase a Ourense a partires das 12.30 horas e á Coruña ás 18.30 horas.



Por último, deixámosvos as normas deste torneo. Quixera destacar o feito de que todos os xogadores que están citados, deberán participar obrigatoriamente no xogo. Ademais, os conxuntos contan co mesmo número de cadetes de primeiro ano que de infantís de segundo. Un gran acerto.



Nova convocatoria das seleccións sub 15

Notas da Segunda e da Terceira na

Nova convocatoria das seleccións sub 15

O San Martiño de Quiroga, a moda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *