#Fútbol Base

No verán . . . II Campus Futbolinlugo Burela Bonita

Esta casa segue apostando forte pola formación no fútbol base e vén de presentar este venres o II Campus Futbolinlugo Burela Bonita no concello mariñán. No acto participaron a alcadesa burelá Carmela López, o concelleiro de deportes Carlos Méndez, o segundo tenente de alcalde Ramiro Fernández, o xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo Manolo Cadramón, o presidente da SD Burela Jairo Campo e Diego Díaz, por parte de Futbolinlugo.

Logo do éxito acadado o verán pasado na primeira edición deste Campus reeditamos o mesmo formato. Unha semana chea de actividades para os máis pequenos, que podemos sacar adiante coa inestimable colaboración da SD Burela e coa axuda das distintas administracións que participaron na presentación do evento.

O II Campus Futbolinlugo Burela Bonita terá lugar do 15 ao 19 de xullo en horario de 9 a 14 horas e está dirixido a nenas e nenos de 5 a 16 anos de idade. A principal novidade é que nesta edición as actividades desenrolaranse no campo de herba natural da Marosa. A mellora dos aspectos técnicos e tácticos de cada participantes serán relevantes novamente e intercalaranse con xogos, actividades na praia e outros eventos lúdicos.

Desexamos que a Marosa se encha de cativas e cativos con gañas de disfrutar do fútbol nas súas vacacións de verán e sexa esta unha actividade de referencia que axuda á conciliación da vida familiar de todos eles. Tal e como ocorreu na primeira edición contaremos con adestradores titulados chegados de varios puntos da provincia para aportar o seu grao de area. Ademáis cada participante levará para a súa casa dúas camisetas da marca Joma.



O prezo para toda a semana de actividades será de 125 euros para as e os intregrantes da SD Burela e Burela FS e de 135 euros para o resto de crianzas.

Para máis información deste evento facilitamos a dirección de correo campusfutbolinlugo@gmail.com e os números de teléfono 662567847 e 649286877. Asimesmo, a inscripción pode realizarse no QR do cartel ou no seguinte enlace:

II Campus Mixto Futbolinlugo – Formularios de Google



No verán . . . II Campus Futbolinlugo Burela Bonita

A primavera, a clasificación altera

No verán . . . II Campus Futbolinlugo Burela Bonita

Kubala, CD Cospeito: «Non penso en nada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *