#Feminino

No imperio da Reigosa nunca se pon o Sol

Imaxe de portada: Web PM Friol

O concello de Friol ten unha población de 3.744 habitantes (datos do INE de 2019) e un total de 295 kilómetros cuadrados de superficie. A priori, non ten moito de especial dentro de todos os concellos que conforman a nosa querida provincia. Porén, os seus habitantes están a ser testigos dun fito histórico.

Bueno… realmente máis de un, pero todos están relacionados entre eles. Hoxe, en concreto, vimos a contarvos que o PM Friol, clube insignia da localidade, conta no seu cadro de xogadoras con futbolistas de catro continentes distintos: Europa, América, África e Asia. Así, convértese no primeiro equipo de fútbol de toda a historia da nosa provincia en reunir nun só terreo de xogo a futbolistas de tan diversas procedencias.



O PM Friol está afeito a tumbar barreiras, como aconteceu por exemplo co seu ascenso ao Reto Iberdrola -segunda división nacional do fútbol feminino-, categoría na que están competindo por segundo ano consecutivo. Das esixencias da división deriva esa busca de xogadoras máis ala dos lindes galegos. Así, o clube presidido por Ángel Villar conta con futbolistas, como dicimos, de catro continentes:

Europa: obviamente, hai xogadoras nacionais e mesmo nadas na provincia de Lugo, como as destacadas Fanny, Marta López ou LP.

América: o PM Friol chegou ata Guatemala para asinar á dianteira María Monterroso, con quen tivemos a ocasión de falar nesta web.



África: a marfileña Amani Bernadette e a camerunesa Agnès Nkada son as representantes deste continente na Reigosa.

A porteira Mio Nemoto, na súa presentación, co presidente Ángel Villar.

Asia: a incorporación máis recente das friolenses, a gardamallas Mio Nemoto, provén de Xapón.

Deste xeito, o PM Friol ostenta un récord que quedará para os anais do fútbol e do deporte provincial! Con este cadro de xogadoras, podemos afirmar que no imperio da Reigosa nunca se pon o sol!

No imperio da Reigosa nunca se pon o Sol

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *