#Sin categoría

Máxicos Salvatierra Abogados. Xornada 27

máxicos salvatierra abogados

Tan só 7 xornadas por diante para os Máxicos, que xa apuran as súas opcións para acadar os obxectivos.

O Burela pon patas arriba a liga tras gañarlle ao Pol (2-1). Partido moi vistoso na Marosa, cos dous mellores conxuntos da categoría ata o momento buscando con insistencia a porta contraria. Foi mellor o Pol no primeiro tempo e anotou o 0-1 antes do descanso, pero o Burela deu un paso adiante na segunda metade e conseguiu empatar o choque e desconcertar ao líder, que non atopaba o seu xogo. Pouco despois do 1-1 chegou o 2-1 que desatou a tolemia no feudo mariñán e achegou aos Máxicos bureleses aos seus rivais na táboa.

A Milagrosa cae co Foz nun duelo vibrante (1-2). O vento condicionou un choque con moitas alternativas, aínda que foron os visitantes os que tiveron as máis claras nun primeiro tempo que rematou cun sorprendente 0-0. Xa na reanudación, Dani Chao puxo o 0-1 para dar aire aos seus e aguantar con estoicismo as embestidas locais, constantes e con perigo. Porén, foron de novo os Máxicos mariñáns os que anotaron un segundo tanto que se tornou decisivo, a pesares de que a Milagrosa recurtou diferenzas cun penalti na recta final.

Lourenzá e Xove igualan nun duelo con ocasións pero sen goles (0-0). A igualdade foi a tónica dominante nunha Santa Cruz que viu moito fútbol directo, aínda que o Xove foi máis incisivo ao longo dun primeiro tempo no que Clemente estivo atinado para evitar o gol visitante. Os locais, aínda que non mostraron a súa mellor versión, procuraban xerar perigo con centros laterais que non atopaban rematador. Finalmente, reparto de puntos xusto no feudo laurentino.



O Outeiro cae na casa ante unha boa SD Chantada (0-1). O vento condicionou o choque ao longo dunha primeira metade na que apenas houbo opcións para ningún dos dous equipos: o Outeiro dominaba os segundos balóns e a SD Chantada procuraba rasear o coiro. Non sería ata o 62′, ben entrado o segundo tempo, cando Pablo definiu moi ben unha transición para poñer o 0-1. Co gol chegou o bo fútbol dos visitantes, que gozaron de ocasións en botas de Gabri e David, pero que non concretaron e sufriron na recta final ante un cadro local moi intenso e que competiu ata o último intre. Ao final, os tres puntos marcharon cara Chantada.

Os erros condenan ao Riotorto no Ladairo (3-2). O Guntín aproveitou con mestría as concesións visitantes para anotar o 1-0 mediado o primeiro tempo e o 2-0 xusto no comezo da segunda metade. Aínda así, Fran Pastor recurtou diferenzas nun novo erro, neste caso do gardamallas local. Na recta final, Diéguez fixo o seu segundo gol da tarde para poñer o 3-1 e, inmediatamente despois, Rubén fixo un golazo que supuxo o 3-2, aínda que xa sen tempo para máis reacción por parte dos Máxicos visitantes, polo que os puntos quedaron na feudo laranxa.

máxicos

O Chantada Atlético non da opción ao Monterroso (5-0). Xa desde o comezo os locais mostraron o seu perigo, e anotaron o 1-0 á saída dun córner. Foi o único gol dunha primeira metade marcada polas lesións e, xa no segundo tempo, a gran actuación do cadro local, xunto coa individual de Diego Torres, decantou o choque a prol dun Chantada Atlético que segue firme na procura dos postos de promoción.



O Portomarín e o Santaballés (0-2). Os Máxicos do Santaballés resolveron con solvencia o duelo nun Chao da Poza que xa mira ao descenso de fronte, logo dunha campaña de malos resultados por parte dos seus. Non tan malo foi o fútbol dos miñotos o pasado domingo, pero os chairegos deixaron resolto o choque na primeira media hora con dous goles, 0-2. Os locais buscaron a reacción, pero a solvencia defensiva dos de Freire levou os tres puntos cara Santaballa.

Meira e Guitiriz salen descontentos de Pol (2-2). Adiantouse cedo o Guitiriz cun tanto do xuvenil Campello, pero os Máxicos do Meira comezaron a despregar un gran fútbol e empatou por medio de Marcos. Xa na reanudación, Matedios completou a remontada e o seu equipo seguiu atacando ante un Guitiriz moi mermado: balóns ao pau e mans a mans errados permitiron aos visitantes chegar vivos á recta final e empatar o choque nunha pena máxima que foi moi protestada polos de Labrada. Ao final, 2-2 para non satisfacer a ningún.

O Taboada cae diante dun bon Escairón (0-2). O bo estado de forma dos Máxicos do Saviñao fíxose notar nun choque moi físico e esixente. O Taboada aproveitou as transicións ofensivas para xerar perigo nun primeiro tempo no que estrelou dous balóns no longueiro, pero un golazo visitante no comezo da segunda metade fixo mella na moral local. Asier sentenciou pouco despois cunha acción individual que puxo o 0-2 para pechar o choque na Medela.

Máxicos salvatierra abogados

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *