#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 12

Nova xornada vibrante para os nosos Máxicos, que seguen a loitar polos seus obxectivos.

Pol 3-0 Taboada: logo dunha primeira media hora igualada, o Pol conseguiu o 1-0 xusto antes do descanso. Un gol despois da reanudación sentenciou a un Taboada que mostrou unha boa versión pero que non puido sacar nada positivo. A nota negativa, unha arbitraxe que non deixou contento a ningún conxunto.

Foz 4-3 Outeiro de Rei: intercambio de golpes no Martínez Otero. O Foz logrou adiantarse tres veces, pero os visitantes conseguiron empatar, ata que se chegou ao 3-3. Cando se achegaba o final, un peleón Foz logrou o 4-3 definitivo ante un Outeiro ao que penalizaron moito os erros puntuais. Choque bonito na Mariña entre dous grandes equipos.

Xove Lago 4-3 Chantada Atlético: partido con opcións para ambos, no que os visitantes chegaron 1-3 ao descanso, pero perderon ao porteiro por unha expulsión do seu gardamallas. O Xove aproveitou a superioridade numérica para achegarse no marcador por medio dun penalti, empatar e culminar a remontada para tolemia da grada local. De novo, a arbitraxe non satisfaceu a ningún dos conxuntos no Municipal.



Riotorto 3-3 Monterroso: o Monterroso tiña todo de cara, pois no minuto 25′ mandaba por 0-3 ante un Riotorto que vira como Pablo Vivero se lesionara quentando, e pouco despois o gardamallas Dani saía en ambulancia do campo por unha lesión no hombreiro. Porén, o Riotorto saiu con ganas e conseguiu o 1-3 na reanudación, o 2-3 no 89′ e o 3-3- no 98′ desde os once metros. Deste xeito, o Riotorto acadou un punto de ouro ante un Monterroso que protestou moito a acción do 2-3 e a pena máxima que supuxo o 3-3.

San Ciprián 0-1 Santaballés: partido igualado na Veiga, no que ambos equipos gozaron de ocasións ao longo do primeiro tempo, pero as defensas se impuxeron aos ataques. No segundo tempo, a expulsión dun xogador local e o gol visitante de penalti no 56′ inclinou a balanza a prol dos chairegos, que mantiveron a súa vantaxe e sacaron tres puntos de ouro da Mariña.

Atlético Escairón 2-2 Castro: o Castro dominou unha primeira parte na que gozou de varias ocasións, pero Macía permitiu ao Escairón chegar con opcións ao descanso, pois o resultado ao término dos primeiros 45′ era de 0-1. No segundo tempo o choque se converteu nun «pasarrúas» e os locais empataron. Óscar fixo o 1-2 xusto despois de entrar no campo, e Asier anotou un gran gol de falta para poñer o definitivo 2-2.



Burela 5-0 Antas: pese a que a SD Antas fixo unha primeira media hora de moito mérito, o ímpetu local permitiu á SD Burela anotar dous goles entre o 30′ e o 45′. O resultado ao descanso afundiu a uns visitantes que non deron coa tecla nun segundo tempo no que os mariñáns foron mellores. 5-0 na Marosa para un Burela que está a ser un dos equipos máis fiables da competición.

SD Chantada 7-0 Lourenzá: partido brillante da SD ante un ‘Atleti’ ao que non lle saiu nada. O resultado ao descanso era de 3-0, pero cunha gran sensación de dominio dos locais. Os visitantes trataron de reaccionar tras o descanso, pero o bo fútbol dos chantadinos sentenciou aos mariñáns. 7-0 para pechar un gran partido dunha SD Chantada que segue en liña ascendente.

Sporting Pontenova 3-1 Pastoricense: mal partido do Pastoricense ante un Sporting que se presentou con moitas ganas e superou ao seu rival en moitas fases do partido. Conseguiron o 1-0 os locais xusto antes do descanso, e os visitantes conseguiron o empate no 55′ por medio dun penalti. Pese ao revés, os da Mina seguiron insistindo e fixeron dous tantos máis para que os tres puntos quedasen na casa, 3-1.

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 12

A Sarriana xa é colíder e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *