Os Máxicos achéganse ao ecuador da segunda fase mentres todos eles continúan loitando polos obxectivos.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-pantalla-2022-04-04-a-las-10.36.56.png)
GRUPO ASCENSO
Chantada Atlético 0-0 Riotorto: os chantadinos tiveron a posesión no primeiro tempo, pero o Riotorto tamén daba sensación de perigo cando recuperaba o coiro. No segundo tempo a tónica foi semellante, aínda que o Chantada Atlético contou con varias opcións de anotar. Porén, a solidez defensiva visitante fixo que se chegase ao 90′ co resultado gafas, 0-0 no Sangoñedo.
Portomarín 1-4 Pol: unha gran primeira parte do Pol deixou o partido visto para sentenza. Dous tantos de Dani Roca e un de Leandro nos primeiros 45′, sumados á expulsión do gardamallas local, fixeron que o segundo tempo fose un mero trámite para un Portomarín que conseguiu o 1-3, pero viu como Herrero asinaba o definitivo 1-4.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Taboada 1-1 Castro: táboas na Medela logo dun choque igualado no que caquera puido levar a victoria. O tanto inicial do Taboada puxo contra as cordas a un Castro que, porén, soubo xestionar a derrota momentánea e logrou o empate antes da media hora de xogo. Tras o 1-1, o Castro foi máis incisivo e contou con varias ocasións para levar os tres puntos, pero os do Arturo Pereiro non foron quen de pechar o partido ante un Taboada que pelexou cada balón.
SD Chantada 1-1 Burela: unha parte para cada un no Sangoñedo. Os visitantes foron mellores na primeira, cando fixeron o gol e perdonaron varias ocasións que puideron ser o 0-2. Na segunda, os locais apretaron e conseguiron igualar no primeiro cuarto de hora, 1-1. Na recta final, a SD puido levarse a victoria, pero os mariñáns defenderon moi ben e o electrónico non se moveu.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-pantalla-2022-04-04-a-las-10.36.03.png)
GRUPO DESCENSO 1
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
San Roque 1-1 Pastoricense: moitos nervios e imprecisións na Polvoreira por todo o que había en xogo. Os locais comezaron mellor e Jano fixo o 1-0 no primeiro tempo. Porén, o Pastoricense soubo reaccionar e empatou o partido tras o descanso. Os do Acebreiro xogaron os 15′ últimos minutos cun xogador menos, pero lograron conservar o resultado.
Monterroso 2-1 San Lázaro: o San Lázaro encadena tres xornadas consecutivas perdendo logo de caer en Cerdeiriños co Monterroso. Martín puxo o 0-1 na recta inicial, pero no comezo da segunda metade o Monterroso empatou tras un saque de esquina e culminou a remontada logo dun erro visitante. Os últimos minutos foron de asedio dos celestes, pero non conseguiron sacar nada positivo.
Folgueiro 2-2 Sporting Pontenova: o Folgueiro asinou un gran partido no que puxo en serios problemas ao Sporting. Adiantáronse os do Vicedo cun gol de Aurelio, e dominaron o choque ata que o linier concedeu un gol fantasma moi protestado que supuxo o 1-1. Cando máis sufría o Folgueiro, un erro en saída de balón dos visitantes traduciuse no 2-1, pero os da Mina asinaron o definitivo 2-2 logo de dous remates de Andrés Bouza nun balón parado.
GRUPO DESCENSO 2
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-pantalla-2022-04-04-a-las-10.35.22.png)
Outeiro de Rei – Alfoz: o partido programado para o serán do sábado foi adiado por mor da incidencia da Covid-19 no cadro mariñán.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Guntín 1-2 Xove Lago: a primeira parte foi un monólogo dos locais, que asinaron o gol e puideron facer máis grazas, en parte, ao vento que xogaba ao seu prol. Na segunda metade o Xove conseguiu remontar, pois tiña o aire ao seu favor, anotou dous goles e puido facer algún máis… pese a que o segundo gol, tamén fantasma, foi moi protestado polos do Ladairo.
Lourenzá 3-0 Friol: dominio do Lourenzá ante un Friol que pelexou pero non foi quen de sacar nada positivo da Santa Cruz. O primeiro gol local chegou logo dun balón parado, o segundo despois dunha acción en largo culminada cunha boa parede, e o 3-0 definitivo tras unha gran xogada individual de Luis, o futbolistas máis destacado do choque.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/04/Captura-de-pantalla-2022-04-03-a-las-20.04.57.png)