Intratables. Así definimos hoxe ao conxunto de xogadores e corpo técnico integrantes da SDC Residencia xuvenil, quen non coñecen a derrota nesta campaña 2017/2018. Onde se atopará o límite deste equipo?

Probablemente moi lonxe. Tras concluír a primeira fase do campionato no primeiro posto, sen coñecer a derrota e con tan só dous empates no seu haber, e cunha diferencia de +37 goles, o cadro de xogadores agardaba con ansia o inicio da Segunda Fase, que da acceso aos mellores clasificados á Fase de Ascenso á Liga Galega.

Xa o ano pasado, a Residencia estuvo moi preto de acadar o ascenso.

Semella que os bos resultados na fase zonal non foron froito da casualidade xa que, tras a disputa de tres encontros do provincial, os da Cheda son líderes con tres vitorias e +11 goles. O único equipo capaz de seguir o ritmo do cadro branquiazul está a ser o Porto Burela, segundos clasificados por mor da diferencia de tantos, e que tampouco coñece a derrota nesta temporada.

Entre todas as cousas positivas que ten este equipo, destaca una: a maioría dos seus integrantes non están aínda no seu último ano en idade xuvenil (tan só catro deixarán atrás o fútbol base ao rematar o ano), polo que no caso de acadar o ascenso, o bloque poderá manterse prácticamente na súa totalidade para afrontar una categoría do calibre da Liga Galega.

Destaca a boa solidez defensiva, pero especialmente o seu acerto de cara ao gol. O seu dianteiro Jorge Veloso lidera a táboa de goleadores con 29 goles en 13 partidos, así como outros como Artai ou Fonseca contan igualmente cun bo promedio goleador.

Sen dúbida, a SDC Residencia ten moito que dicir este ano na categoría xuvenil e non será a última vez que falemos deles nesta web!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*