Era cuestión de tempo que a SD O Páramo volvese á Segunda Galicia. Logo de 18 partidos nos que os das Rapadas tan só deixaron 5 puntos polo camiño, a derrota do Sober o pasado domingo confirmou o fito: o retorno dun club moi familiar que, paseniño, está volvendo a ser grande.
Jony Lombardía é o técnico dun conxunto que se caracteriza pola xuventude e que promete moitos anos de éxitos para os siareiros que se achegan cada domingo ao campo a animar aos seus.
Futbolinlugo: Primeiro paso acadado.
Jony Lombardía: Si, unha gran temporada. Imos a polos dous seguintes.


Fil: Queda por asegurar o título de liga.
JL: Si, temos que asegurar algún partido máis para celebrar un campionato.
Fil: Diferenza de goles actual de +42. Superioridade aplastante.

JL: Si, somos o segundo equipo máis goleador da provincia de Lugo , así que ao final ese é un dato importante. Tamén levamos poucos goles encaixados, así que iso fala do nivel ao que estamos, que é moi alto agora mesmo. O cadro de xogadores era amplio e con xogadores de moita calidade.
«Cheguei ao páramo para axudar «
Fil: E, se cadra, seguir superando roldas na Copa.
JL: Ademais xogamos contra o Friol. O ano pasado xa lle ganamos 3-0 na casa e agora collemos con moita ilusión a copa, cos deberes xa feitos. Imos tentar superar aos rivais para medrar e tamén porque eso repercute economicamente no club, que o merece moito polo esforzo que fan.
Fil: A afección non decepcionou ao longo do curso.
JL: Todos os partidos da casa contaron cun gran ambiente e con moita xente no campo. É certo que cando fai mal día custa máis ir, pero agora co Páramo ascendido contamos con encher o campo para os partidos que faltan de liga e de copa.


Fil: Cumpriu o equipo coas túas pretensións a nivel técnico-táctico?
JL: Si, totalmente. Ademais fixemos dous reforzos antes do Nadal: Juan Rivero do Pol e Julito do San Lázaro, un defensa e un dianteiro, as liñas máis decisivas. Queriamos dar o salto e melloramos moito a nivel de xogo e resultados.
Fil: Se tiveses que poñer unha pega á temporada, cal sería?

JL: As lesións, que nos están mermando ultimamente. É algo que lles pasa a moitos equipos, pero xa levamos moitas baixas á casa do Relámpago, os cambios estaban tocados… é certo que estamos arrastrando moitas nas últimas semanas, pero a ver se imos recuperando xente.
Fil: Xa está acordada a túa renovación no Páramo?
JL: Iso vai depender do club. Eu cheguei aquí para axudar, volvín ao fútbol sénior para axudar. A min asináronme para ascender ao equipo, case o consigo o ano pasado, este ano conseguino, así que agora queda nas mans do club a decisión.
Fil: Terá que reforzarse o club para competir na Segunda?
JL: Os xogadores deste ano poderían xogar todos en Segunda e moitos en Primeira, así que os reforzos non deberían ser máis que un posto por liña. Hai moitos mimbres xa.
