Restan pouco máis de 48 horas para a o IV All Star Futbolinlugo. Con todo a punto, lembramos que aínda estades a tempo de apuntarvos nos concursos (bulide, que quedan poucas prazas). Pero tamén queremos lembrar o ben que o pasamos nas edicións previas: A Marosa, Catro Ventos e o Viñas da Veiga foron testemuñas das tres primeiras entregas deste evento sen parangón no noso territorio.
O All star sempre emociona






















Puxemos todas as nosas forzas na organización da festa de Guntín, agora só agardamos a vosa resposta. Fagamos o fútbol lucense máis bonito do que xa é. Estades todos convidados.


