#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

iGUALDADE NA ESTREA DA 2ª FASE E CONTUNDENTE VITORIA DA CANDELARIA

A Segunda Rexional iniciou o segundo tramo de competición na zona norte. Ademais de comezar a súa liga no sur un dos grupos da permanencia (o que se compón de cinco equipos).

Na fase polo ascenso da zona norte, salientou a vitora do Cospeito ante o Celta Barreiros. O cadro vermello iguala a puntos na cabeza co Sanci e o Meira, os equipos que foron líderes nos seus respectivos grupos na 1ª fase. O cadro preparado por Jaime Méndez igualou ante o Guitiriz.

Pola súa banda, os pupilos preparados por Labrada empataron en Cabreiros. No outro encontro da xornada, a Candelaria sumou unha vitoria que a coloca na parte alta. Contundente triunfo ante un Muimenta que encaixou sete goles. Destacou a actuación do dianteiro Samu con tres goles.

Na fase pola permanencia na zona norte, quen se coloca en mellor posición é a Fonsagrada ao sumar seis puntos. Venceu pola mínima na súa visita ao Roupar. Tamén conseguiu un importante triunfo o Xermade ante un Matela moi mermado polas baixas. Non obstante o cadro dirixido por Merino séguese reforzando. Mejuto e Henry chegan procedentes do Riotorto. Ademais das incorporacións do lateral Alberto (con pasado na Milagrosa) e do dianteiro Mauricio.



O Goiriz sacou un punto da súa visita ao Iberia e o Abadín derrotou ao Mondoñedo no #DerbiDoFiouco. O gol do central Regueira a saída dun córner foi decisivo para desequilibrar a balanza.

Na zona sur, só comezou a 2ª fase un dos grupos de permanencia na que todas as findes descansa un equipo ao ser cinco en total. Na primeira xornada tocoulle non ter partido ao Quiroga.

Os outros dous encontros resolvéronse con vitoria do Páramo sobre o Santa Comba co que amplía distancias o cadro preparado por Santi. Corbelle foi o mellor nos visitantes e Asier nos locais. Pola súa parte, o Sporting Lucense e o Brollón igualaron a dous goles. Jesús salientou nos de Lolo e Rivera e Pablo Tourón no club da Pobra.



iGUALDADE NA ESTREA DA 2ª FASE E CONTUNDENTE VITORIA DA CANDELARIA

A segunda fase da preferente xa ten

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *