Xa sabedes que nesta casa non somos capaces de estar quietos. Que nos gusta seguir innovando e crecendo da man do noso fútbol. Por iso, hoxe queremos presentarvos un par de novidades para este recén chegado 2023.
A principal delas é unha aposta descarada polo multimedia, unha teima de Futbolinlugo desde os seus inicios. No escaso tempo libre dos nosos redactores, varios dos mesmos adicarano a narrar os vosos goles, as vosas xogadas de fútbol de salón ou as mellores paradas da provincia. Si, o que estades oíndo! Ao estilo dos Manolo Lama ou Ibai Llanos.
O procedemento é sinxelo. Vós nos facedes chegar o vídeo coa acción en cuestión (ben ao noso correo ou a algún dos nosos redactores) e nós facemos o resto (xa avisamos que non será de hoxe para mañá). Iso si, precisamos que acompañedes as imaxes con algo de información das mesmas para contextualizar a narración o mellor posible.