Os premios máis prestixiosos do xornalismo de Estados Unidos fíxanse por vez primeira nunha publicación estraxeira. Esta madrugada a Escola de Xornalismo da Universidade de Columbia en Nova York comunicaba que «pola súa excelencia e calidade» a III Guía ‘Fútbol en Lugo’ era merecedora do primeiro galardón internacional dos Pultizer na categoría de ‘Mellor publicación en papel’.
A destacada entidade estadounidense destaca tamén «a importancia de seguir apostando por produtos deste tipo nuns tempos no que o móbil céganos os ollos». «Saber quen xoga no Fonsagrada é unha información chave para que despois vaia comer alí Mel Gibson», salientan dende a recoñecida universidade.
Os galardóns entregaranse nunha gala en primavera e o premio terá un valor de 10.000 dólares. «Nós polos cartos non vamos», admite Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo. «Nós somos fieis aos nosos, ao recollepelotas de Castro ou o do paraugas de Santaballa. Un galardón deste tipo non nos vai facer perder a cabeza«, sorprende Díaz.
Futbolinlugo quere facer extendible os agradecementos e méritos ao xornal El Progreso por contribuír de xeito esencial a publicación e difusión da III Guía ‘Fútbol en Lugo’. Para sorpresa de moitos, comentan que a cuantía do premio será doada integramente a todas aquelas empresas e institucións ás que lles petaron na porta para pedir axuda e nunca lles fixeron caso. «Entendemos que era porque o estaban a pasar mal. Agora nós repartiremos equitativamente os cartos segundo a atención recibida. Coa esperenza de que nun futuro se abran a colaborar con nós. Hoxe por ti, mañá por min», sentencia Diego Díaz.
Dende Futbolinlugo queren agradecerlle a toda a xente que si fai posible que esta aventura siga adiante día a día. Agardan que este impulso mediático non sirva para outra cousa nada máis que para seguir medrando e difundindo o fútbol lucense. Agradecen tamén a quen chegara lendo ata este último parágrafo e aínda non se dera conta que é o día dos Santos Inocentes. Queren remarcar que esta data en Galicia aínda é máis sinalada o 1 de abril que é cando todos os burros van a onde non deben ir.
A Futbolinlugo vide sempre. Feliz Nadal!