#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Fernandito: «A meta é chegar a unha volta enteira gañando»

Fernando Sánchez ‘Fernandito’ é o adestrador de moda na provincia. O preparador monterrosino leva pleno de puntos conseguidos a metade do mes de decembro. 15 vitorias noutros tantos partidos resultan o seu mellor aval. O seu Pol visita esta semana o sempre complicado campo de A Liga. Un novo triunfo no feudo do Santaballés deixaría aos de Fernandito a só tres puntos dunha primeira volta ligueira inmaculada.

Esta semana o técnico do Pol pasou polos micrófonos da Radio Lugo Cadena Ser na sección semanal que protagoniza Futbolinlugo con ‘O Noso Fútbol’. O noso redactor Santi Real e o presentador Alex Gato conversaron con Fernandito.

A entrevista pódese escoitar íntegra ao remate deste parágrafo. Ademais analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, na Segunda RFEF e na Preferente. De tódolos xeitos, aquí vos deixamos un resumo dos principais temas tratados nesta interesante conversa.

Escribindo a mellor historia do Pol: «Estase dando unha tempada sobresaínte. 15 vitorias en 15 partidos e 3 goles encaixados. Estamos contentos e encantados con todo o que está facendo o club».



A boa dinámica de adestramentos: «O Pol leva anos tentando ascender. Escoitaba a dinámica do Pol e o seu déficit era o de adestrar e facer cohesión no grupo. E a iso me adiquei cando me chamaron. Adestramos tres días á semana, con moita xente a pesares de ter unha ‘plantilla’ curta. E así ao final saen os resultados, aínda que non contas que sexan tan bos. A meta é chegar a unha volta enteira gañando».

Análise do cadro de xogadores: «A ‘plantilla’ é curta e talentosa. Entre quen entre, faino ben. Os roles lévanse bastante ben. Mistúrase xente veterana con experiencia en categorías superiores con xente máis xove que non pasou da Primeira Rexional. Uns tiran por outros». Todos están enchufados e cada día pode xogar un diferente.

Seguridade defensiva: «Todo o equipo traballa defensivamente. Temos homes de nivel que xogaron en Segunda, Terceira e Segunda B. Son os primeiros que empezan a defensa e se sacrifican polo equipo. Temos un equipo moi equilibrado en todas as liñas. Iso fai que só levemos tres goles encaixados».



O adeus ao adestrador-xogador: «Cambioume un pouco a vida. O Portomarín é un club moi humilde, no que tiña que facer de directivo, adestrador, xogador… De todo. No Pol poñen máis facilidades. Na pretempada fixen ficha xa que eramos poucos xogadores. Estiven a punto de xogar pero xa levaba anos pensando en deixalo. Non boto nada de menos xogar. Só me meto nalgún adestramento para meterlles algo de caña».

Satisfeito en Pol?: «Deixáronme liberdade de facer o equipo, de facer os adestramentos como quero. Todas as condicións son incribles: os campos, o material… Estanme deixando traballar e aí están os resultados. Máis non podo pedir».

Fernandito: «A meta é chegar a unha volta enteira gañando»

Diego Díaz: «O Portomarín fixo moitas cousas

Fernandito: «A meta é chegar a unha volta enteira gañando»

Trío de Ases O Cantón. Sarriana e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *