A Segunda e a Terceira Galicia terán o mesmo número de equipos que na última campaña disputada prepandemia. Temos que decir adeus ao Viveiro B, que conseguira o ascenso a Segunda. No seu lugar, damos a benvida ao Castro B de Isaac Rouco.
Hai unhas semanas comentabamos que existían clubs con problemas salientables para saír a competir. Porén o traballo que fixeron arreo, permítelles saír a xogar unha campaña máis. Así poderemos contar cos clásicos Rubián, Santa Comba ou Abadín. E mesmo o Bóveda, que semellaba case morto. De feito, todo apunta a que será Pasín o que asuma os mandos da nave do Hermanos Somoza.
Menos inscricións no fútbol feminino
O Burela non sairá a competir esta temporada na competición de fútbol-8 cos equipos de Coruña, como adoitaba facer no último lustro. Pola súa parte, o Corgo non deu xuntado ás xogadoras suficientes e o proxecto feminino do Municipal terá que agardar unha temporada máis.