#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 247

Hugo, Alfoz

O Atlético Escairón apuntalou o seu cadro de xogadores para ter un regreso o máis tranquilo posible na Preferente. O exdianteiro do Sporting Ciudad Kebé chega ao Saviñao ao igual que os ‘millenials’ Arca e Maki. Dous centrocampistas que aterran en Escairón desde o Lemos B e o Calasancio, respectivamente.

Xa na Primeira, o Alfoz fixo unha incorporación de renome por liña. Hugo ‘Xoyma’, ex do Ribadeo, dá un salto de calidade na portería. E Manolito, contrastado goleador na Mariña, súmase á xa anunciada fichaxe de Víctor desde o Foz. Pola súa parte, no Outeiro de Rei contarán co regreso do ilustre Mago ‘Charly’ á portería.

No capítulo de renovacións, Muñiz renovou co Santaballés. E o central e capitán Miguel seguirá unha campaña máis no Brollón.



Diario dun mercado. Episodio 247

Diario dun mercado. Episodio 246

Diario dun mercado. Episodio 247

Estas serán as datas sinaladas da Preferente

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *