A SD Antas, revelación no fútbol feminino

No que vai de campaña, Futbolinlugo aínda non fixo referencia a un dos nosos equipos de fútbol feminino: a SD Antas, militante na Segunda División Galega. Hoxe é o seu turno. Pois ben, chega un momento no que cómpre facer un artículo acerca das rapazas adestradas por Jesús Melendo, xa que, tras catro xornadas disputadas, as guerreiras lucenses encabezan a clasificación, contando todos os seus partidos por vitorias, 19 goles a favor e tan só un en contra.

Melendo está a facer una gran labor como adestrador do Antas feminino.

A SD Antas xa comezou a temporada avisando do seu potencial, vencendo por 4-0 ao Abellá, nun choque no que as locais non deron opción as súas rivais en ningún momento. Na segunda xornada, as rapazas sufriron en Rianxo, no campo dun Unión que aguantou ben, pero ao final un tanto de Noelia decantou a balanza cara a provincia lucense.

Xa na terceira xornada, as xogadoras volveron demostrar o seu potencial como locais, superando por nove goles a cero ao Carral. Na cuarta e derradeira xornada ata o día de hoxe, o Antas volveu golear, esta vez por 1-5 no campo do Santiso.

A proba definitiva chega este domingo ás 17 horas no Castro Seoane de Antas de Ulla, onde se enfrontarán dous equipos que non saben o que non é gañar esta campaña: SD Antas e Betanzos. Animamos a todos os amantes do fútbol a disfrutar dun gran partido!!!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.