Diego Coe, SDC Garabolos «Na competitividade tamén vai a diversión»

Importa o lugar, pero aínda ten máis importancia a compañía, tanto na vida como no fútbol. Porque para moitos o fútbol é a vida ou a vida é o futbol, aínda que obviamente haxa sitio para outras cousas. Pero, polo menos, hai que deixarlle reservada ao balompé unhas horas a semana. Así o fai, Diego Quiroga, máis coñecido como Coe, actual xogador do Garabolos da Primeira Autonómica Local de Veteráns que disputan equipos da cidade de Lugo. A pesar de dedicar a maior parte da súa carreira deportiva ao fútbol sala (xogou entre outros no Muebles Caloto que chegou a estar na División de Honra do fútbol sala nacional), Coe recuncou no Garabolos para desfrutar do fútbol a carón dos amigos. O equipo é de nova creación despois de que neste curso deixase de competir en sénior.  Unha forma de seguir practicando o que a un máis lle gusta e un xeito de relacionarse coa xente de sempre. Así o conta Coe (o seu alcume dende novo), a quen non lle importou repetir a entrevista dúas veces. A ver se polo menos estamos á altura.

Futbolinlugo: Como saíu o de xogar este ano en veteráns?

Diego Quiroga «Coe»: Somos un grupo de amigos de toda a vida. Coñecémonos dende que somos pequenos e, despois da desaparición do conxunto de rexional, decidimos xuntarnos. Todos xogamos anterioremente ao fútbol ou o fútbol sala (como é o seu caso) polo que fixemos un equipo bastante xeitoso, para competir como é debido.

FIL: Cal é o voso obxectivo?

Coe: Aínda que sexa unha liga de afeccionados e a intentación principal sexa a de divertirse, sempre che gusta competir e tratar de facelo o mellor posible; e tamén, por suposto, quedar o máis arriba que se poida na clasificación.

Coe, de pé, o cuarto empezando por calquera dos lados, xunto cos seus compañeiros do SDC Garabolos

«Aos que nos gusta o fútbol dende sempre, queremos seguilo practicando»

FIL: Que representa para ti xogar no fútbol veterán?

Coe: O punto número un é a diversión. O dous é o de seguir xogando, aos que nos gusta ao fútbol dende sempre queremos seguilo practicando aínda que só sexa un día a semana. Por último, o compañeirismo, estar coas amizades de toda a vida.

FIL: Ademais tedes un cadro de xogadores formado por xente con nome no fútbol provincial…

Coe: Sivorí, Camacho, David Soya…, xente que xogou sempre ao fútbol campo. Xogadores de Rexional e de Preferente. Camacho chegou un pouco máis aló ca o resto (xogou no Lugo).

FIL: Xogades nunha liga local, asique coñecedesvos todos?

Coe: Sempre digo que é unha liga «familiar» porque a maior parte da xente que xoga coñécela do fútbol, do fútbol sala ou de vela xogar noutros equipos. É un pouco unha liga de amigos.

FIL: Cres que cada vez o potencial é maior na liga de veteráns?

Coe: Está medrando bastante, porque non é unha liga de veteráns como hai unhas temporadas no que os xogadores rondaban os cincuenta anos. Agora, a maioría estamos entre os 30 e os 35, polo que sube a competencia. Está igualada a cousa, hai bastante equilibrio. Pero iso tamén che axuda a competir porque na competitividade tamén vai a diversión.

FIL: Tanto é o afán que este domingo xogades ás dez da mañá…, non importa madrugar?

Coe: Fastidia ás veces por temas de traballo de toda a semana. Pero agora coa idade que temos… a non ser que che coincidia alguna cea de antes (risas), xa ceas e vas para a cama. Igual aínda madrugas menos ca traballando.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.