Vero Loureiro, Ribadeo FC Feminino: “Estamos moi ilusionadas”

A pasada fin de semana, o equipo de fútbol femenino creado na Mariña mediante un convenio entre Ribadeo FC e Sporting Pontenova conseguiu a súa primeira victoria en partido oficial, impoñéndose por 3-0 ao Eiris CF. Tras a derrota por 2-1 na primeira xornada ante o Pastoriza, as rapazas souberon recompoñerse para afrontar o partido ante o Eiris, no que non deron ningún tipo opción ás rivais.

Unha das protagonistas do partido foi Verónica Loureiro, quen anotou dous dos tres goles do conxunto mariñano, contribuíndo así á victoria. Tamén levou un golpe que lle obrigou a visitar o hospital Polusa despois do partido, e non poderá axudar as súas compañeiras este fin de semana ao recibir a baixa. Futbolinlugo fala hoxe con Vero.

FUTBOLINLUGO: Ola Vero! Para comezar, gustaríanos saber cómo se celebrou a primeira victoria do Ribadeo-Sporting Pontenova no vestiario…

VERO: Estamos moi contentas, a verdade é que non agardabamos xogar tan ben, pero foi un partidazo de todo o equipo e estamos moi ilusionadas.

 

Vero celebrando un dos seus goles.

FUTBOLINLUGO: Persoalmente, como celebraches o teu doblete que vos axudou a conseguir os tres puntos?

VERO: Contenta, pero moi dolorida, xa que tiven que ir ao Polusa ao rematar o encontró. Fixéronme unha entrada e levei un golpe nas costas, polo que temía que tivese roto algo, así que fun cun directivo ao hospital

 

FUTBOLINLUGO: Ao final, cal foi o diagnóstico?

VERO: Teño unha contractura costal. Non podo ir este fin de semana a xogar, nin fun adestrar esta semana. O luns volvo a revisión, a ver se me dan a alta.

 

FUTBOLINLUGO: Polo tanto, descoñecemos o tempo que vas estar parada…

VERO: Esperemos que o luns xa estea mellor, pero depende dos médicos. Se me ven mal non me van dar a alta… eu quería forzar para intentar xogar o sábado.

 

FUTBOLINLUGO: Este é o teu primeiro ano en fútbol campo tras moitos en fútbol sala. Por que decidiches cambiar o parqué pola céspede?

VERO: No vrao. as rapazas do equipo de fútbol sala fomos xogar un torneo a Vieiro, e desde aí empezou a andaina.

 

FUTBOLINLUGO: Cando chegou a oferta do Ribadeo, dubidaches ou aceptaches á primeira?

VERO: Penseino un pouco, porque o fútbol sala sempre me gustou, pero decidín probar a ver que tal salía.

 

FUTBOLINLUGO: E as sensacións como están a ser?

VERO: Moi boas. Home, aínda estámonos acoplando ás medidas do campo, xa que son moi distintas ás do fútbol sala, pero moito mellor do que imaxinei.

 

FUTBOLINLUGO: A integración do grupo está sendo boa?

VERO: A verdade é que si. Entre algunhas xa nos coñeciamos, pero outras nunca xogaran a fútbol. nin sala nin campo, polo que aínda están integrándose. Pero pensó que como grupo moi ben, dámonos ánimos, levámonos ben… encantadas.

 

O plantel do Ribadeo-Sporting Pontenova está moi unido.

FUTBOLINLUGO: En canto aos obxectivos, aspira o equipo ao ascenso?

VERO: A largo plazo podería dicir algo, pero ahora estamos empezando. De momento queremos competir o mellor posible, que a min non me gusta perder (risas). Non coñecemos ás rivais, na primeira volta iremos coñecendo a competición, e xa na segunda ir a por todas.

 

FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Vero. Agardamosque teñas unha rápida recuperación!

VERO: Gracias a vós!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario