#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal

Diario dun mercado. Episodio 9

Na Mariña máis oriental continúan coa renovación de xogadores importantes. O arxentino Mauro Poratti, que formou en varias xornadas parte do noso once ideal, renovou polo Ribadeo. Un máis que se suma a un cadro de xogadores que contará con Cube, Marcos Peña, Criss, Rafa Casanova, Yoel, Iván, Luki, Juanm, Parapar, Jacob e as fichaxes de Tichu, Dani Prieto e Hugo López. O equipo adestrado por Fiz aínda está vivo na Copa e xogará os cuartos de final fronte ao Monterroso.

Pola súa banda na Primeira Galicia hai novidades no Taboada. O conxunto branquiazul xa ten novo adestrador despois da marcha confirmada hai unhas semanas de Emilio García. Martín Murado, técnico da Sarriana na última temporada, farase cargo dun equipo que tamén acaba de renovar a súa directiva. José Manuel Montes Blanco é o novo presidente que estará acompañado por Miguel Rodríguez como vicepresidente, Javier Casto como secretario, Carlos Sánchez como tesoureiro e Jose Eduardo Novoa como vocal.

Na Segunda Galicia grupo sur, o Santa Comba renovou o seu técnico Rubén Bergantiños. No que respecta ao cadro de futbolistas non segue Moncho que se retira, pero continúan a maior parte dos que conseguiron a novena praza na clasificación o curso pasado. Ademais incorporaron a Borja Meilán, Antonio, Jacobo, Jul e Rubén Brochas. Tamén hai novidades no SD Becerreá que incorpora a César Andión e confirma a renovación de Juampy.

Tamén hai nova na Segunda norte nun dos equipos recén ascendidos. No Ourol non seguirán Álvaro Otero, que se converte na segunda incorporación do Xove Lago de Primeira, nin José Carlos Bernal que non pode seguir por motivos laborais. Dous xogadores chaves no centro do campo do conxunto mariñán que está pendente da continuidade ou non do resto dos futbolistas.



 

 



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *