O futuro do CD Castro está garantizado. O clube chairego xa ten nova directiva, que será anunciada nas próximas horas, e poderá seguir cumplindo anos para a historia. Unha historia que comeza esta campaña o Carballedo. O cadro sureño vai perfilando o seu proxecto. E faino cunha fichaxe doutra provincia: Diana Gómez. Ademais, o mediocentro Adrián Rasilla cambia o San Roque polo Páramo. Txiki, que tamén sonaba polas Rapadas, quedará finalmente na Residencia. Na Primeira regresa ao fútbol Cristian Vázquez. O antigo xogador da SD Chantada pásase aos veciños do Chantada Atlético.
Na Mariña, o Ribadeo reforzouse cun xuvenil procedente do Lugo: Roi Campos. E o Alfoz incorporou a catro xogadores dunha tacada, todos con pasado verdibranco: o central Legaspi, o extremo Pichi, o punta Aarón e un home de banda coma Luismi. No capítulo de baixas, o meta Marcos Souto incorpórase ao Somozas despois de brindar un magnífico rendemento en Vilalba.
No capítulo de adestradores, Cuchi será o director de orquestra do Meira. Adrián Mirón ocupará o posto de segundo adestrador da Sarriana. E Rubén Bergantiños aceptou a proposta do Paradela na Terceira. O propio técnico declarou o seguinte nada máis fichar: «Empezo un proxecto novo en Paradela. Novo presidente, campo novo. Estou bastante ilusionado porque a directiva quere tentar facer algo bonito. Despois, sairá ou non, xa se sabe como é isto. Pero ganas hai», apuntou.
Por último deixámosvos a pretemporada dun dos clásicos da provincia: o Chantada. As localidades onde se disputarán os citados encontros aínda están por confirmar.


4A: Taboada
8A: Ferreira
11A: Velle

16A: Sarriana
20A: Friol
23A: Monterroso
26A: Lalín