#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 395

Novidades no mercado, particularmente na Segunda e na Terceira Autonómica, onde os equipos apuran as súas opcións para formar cadros de xogadores que lles axuden a cumprir os obxectivos. É o caso do recén ascendido Palas, que renova a parte importante do grupo: Lucas, Julio, Martínez, Samuel e Xesús renovan nos Chacotes.

Outro conxunto que retorna á Segunda Galicia é o Mondoñedo. Os mindonienses comunicaron as renovacións de Álex, Barreira, Chachi, Diego, Karro, Antonio, Adrián e Dani para procurar a permanencia na categoría. Preto de Mondoñedo, o Goiriz anunciou a continuidade de Xoel e Fran nun equipo que tentará voltar o antes posible á Segunda logo do seu descenso o seu pasado curso.

López renova no Castroverde.

Tamén na Terceira, pero neste caso no Grupo Sur, loitará o Castroverde polo ascenso. López, xogador importante nos últimos anos, mantén o seu compromiso cos da Veiga do Olmo.



Diario dun mercado. Episodio 395

Diario dun mercado. Episodio 396

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *