#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 329

Coa maioría de competicións xa comezadas e coa Terceira Autonómica a piques de facelo, o mercado aínda nos segue traendo novidades.

En Pantón están de noraboa. Fai uns meses Samba deixou o Ferreira por motivos laborais e o Atlético Cuntis anunciou o seu fichaxe. Pero o futbolista retornou ao seu club dos últimos anos e no Baliño poderán gozar de novo dos seus goles.

O Alfoz reforzou o seu cadro de xogadores con dous futbolistas que estiveron a proba na pretemporada. O gardameta Flavio, procedente da SD Burela, competirá con Jacobo e Álvaro por un posto na portería do Municipal, e Aderito reforzará o centro do campo dos de Nico.

Tamén conta con novidades o Cabreiros. O cadro xermadino anunciou as incorporacións de Manufa, Mateo, Saúl, Alejandro, Fraguita e Dani, así como do gardameta Lino, que retorna ao equipo. Pani, Pepe, Marcos, Jandro, Totti, Nesy, Adega, Chema, Beto, Marco, Cazás e Critof continuarán un ano máis no conxunto que esta temporada adestra Paco López.



O Brollón fichou a Rodri, futbolista xa coñecido nos Medos, procedente do Río Sil. O Celeiro, que comeza a súa andaina na nova temporada esta fin de semana fronte ao Nuevo Nausti, anunciou as renovacións de Ciufi, Poti e Teso, ademáis da do adestrador Martín Rodríguez, e incorpora ao dianteiro Kibito.

Diario dun mercado. Episodio 329

O Becerreá comeza co mesmo ritmo co

Diario dun mercado. Episodio 329

A Porra de Futbolinlugo, 2

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *