A Sarriana anunciou a renovación de Omar. O dianteiro, que se atópa en plena recuperación da súa lesión de xeonllo, continuará ás ordes de Edu Rodríguez e conta os días para voltar a perforar a portería contraria.
Coa Sarriana fixo a pretemporada Poratti, pero finalmente o arxentino xogará un ano máis na Residencia, onde tamén militará o Pedrito, centrocampista lucense procedente do Sporting Meicende coruñés.
O Portomarín incorpora ao gardameta Lisboa, procedente do Páramo, ao defensa Raúl, do xuvenil do Racing Vilalbés e aos centrocampistas Diego Porral e Fabián Tourón, que chegan do xuvenil do Compostela e do Riotorto respectivamente. Tamén xogará no Chao da Poza o atacante Abella, do Paradela.
A SD Chantada incorporou ao defensa Celso, con pasado no Portomarín. Do Sangoñedo ao Castro Seoane vai Almuiña, gardameta que esta temporada defenderá o arco dun Antas que tamén fichou a Raúl, lateral que a priori colgaba as botas nas filas do Monterroso. O Palas renovou a Ángel.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)