Volverá o sentido ás ligas de fútbol afeccionado logo da covid

Só un equipo lucense da Primeira ten garantido o ascenso á Preferente

Nestes días de formalizacións de matrículas a algún seguro que se lle pasou pola cabeza o de meterse nalgún estudo capaz de entender as contas que se fixeron nas distintas competicións durante a temporada 2021/2022. O que queira pode facelo, pero, en principio, o formato das ligas vai recuperar o criterio seguido antes da pandemia e todos teremos a cabeza máis descansada.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

galicia

A Comisión Deportiva da RFEF presentou esta semana un plan de competición para as distintas divisións que debe aprobar a Xunta Xestora da entidade. A Preferente volve aos dous grupos. Haberá vinte equipos no norte e outros vinte no sur. Iso si, será a última campaña que isto aconteza. Na próxima cadanseu grupo de Preferente constará só de 18 equipos.

Deportes Élide

Esta circunstancia vai implicar que os catro últimos clasificados descendan directamente. Ademais logo dos posibles arrastres que podan vir da 3ª RFEF. É un tema que nunca se mira a principio de tempada pero ao que se lle fai moito caso na primavera.

Os dous primeiros clasificados ascenden directamente. Mentres que o que quede 3º de cada grupo xogará un play off que o clasificaría para a Copa do Rei e, nun hipotético caso moi remoto, incluso podería subir tamén de categoría.

A liga comezaría a segunda fin de semana de setembro (a finde do 10 e 11) e remataría a última de maio. Cinco equipos representarán a provincia de Lugo: Sarriana, Club Lemos, Residencia, Ribadeo e o recén ascendido Portomarín.

Os restantes quince clubs pertencen á provincia da Coruña: As Pontes, Galicia Mugardos, Betanzos, San Tirso, Montañeros, Victoria CF, Ordes, Sigüeiro, SD O Pino, Dubra, Sofán, Fisterra, Noia, CD Unión (de Rianxo) e Boiro.

Tamén volve a habitual distribución por grupos á Primeira Galega. A Primeira lucense estará composta por 18 equipos e promete ser unha atractiva competición para a provincia. Comezaría tamén a segunda finde de setembro e ten previsto rematar o 14 de maio.

A principal novidade está no formato de ascenso. Ao recurtar o número de equipos no curso 23/24 na Preferente, só ascenderán catro equipos a esa categoría da zona norte. É dicir, dos dous grupos da Coruña xunto co grupo de Lugo. Polo tanto, no que atinxe á Primeira lucense só ten garantido un ascenso. O primeiro clasificado sobe directamente.

Non obstante o 2º e o 3º xogarán un play off para loitar por esa praza que queda vacante. Pero xogarana con seis equipos máis que veñan dos dous grupos coruñeses. A proposta da Federación é xogar un play off de oito equipos con eliminatorias de cuartos de final, semifinais e final. Os cuartos e as semis serían a partido único na casa do mellor clasificado (se os dous que se enfrontan acabaron no mesmo habería sorteo). A final sería con ida e volta.

Confirmaremos se finalmente esta proposta é a que se leva adiante. Ademais nos próximos días informaremos do plan presentado para as restantes categorías do noso fútbol afeccionado.

Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 549

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.