Superando xa a barreira dos 300. O #DiarioDunMercado non ten parada e continúan os movementos por toda a provincia e por todalas categorías.
Si é certo que hai algún que é máis mediático ca outro. No foco da noticia están estes días dende o Racing Villalbés. O club chairego incorporou a Pablo Rey, toda unha institución no fútbol galego. O xogador de 37 anos chega a Vilalba coa idea de seguir amosando a calidade e o fútbol que ten nas súas botas.
Lenda do Racing de Ferrol, Pablo xa xogou as dúas últimas tempadas na 3ª Galega no Somozas. Agora únese ao seu compañeiro Marcos Álvarez para coller a AG-64 dirección Magdalena.
Na Preferente, o dianteiro Veloso renova coa Residencia. Ademais da man de La Voz coñecemos que o central Alami continúa no Lemos e que regresa o defensa Bruno que xogou o curso anterior no Chantada Atlético.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Na Primeira Galega, Diego Muiña deu o si ao Riotorto. O futbolista xogou a última media temporada no Pol, anteriormente ten unha coñecida carreira na provincia en equipos como o Viveiro, o Villalbés, a Resi ou o CD Lugo.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/07/WhatsApp-Image-2022-07-04-at-5.03.18-PM.jpeg)
Por outra banda, dous ex lemistas xogarán no Escairón. Guiti e Asier apuntan a ser pezas importantes do novo proxecto de Javier Montoto. Máis ao norte, Ángel e Alberto renovan no Foz e Pablo Vila será un dos futbolistas importantes no medio do campo do Burela.
Na Segunda Rexional, Carlos Alberto Pena e Rubén Pena seguen como adestradores do Xermade. Carlos como primeio e Rubén como segundo. O groso do cadro de xogadores continúa. Aínda que dende o club están tratando de conseguir algunha fichaxe pendente de confirmar.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Na mesma categoría, no recén descendido Guntín, non continúa Diego Tejeda.
Na Terceira Rexional, o Castroverde fixo oficial o retorno de Fran Veiga ao banco. Xa fora xogador e tamén adestrador nas temporadas 14/15 e 15/16. Logo desa etapa integrou o corpo técnico do Pastoricense, tanto como segundo como primeiro míster.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2022/06/flyer-INSCRIBETE-POLVORIN-1-_page-0001.jpg)
Dacabalo entre o fútbol masculino e o fútbol feminino, producíronse varios movementos nas últimas horas no sur da provincia. Álex Cambeiro deixa de ser o preparador da SD Chantada fem e pasa a ser o míster do filial da SD e do equipo xuvenil. Este movemento provocou tamén que Gorri non adestre finalmente ao Relámpago Taboada. Aceptou o ofrecemento da casa para adestrar a SD Chantada fem. Faise cargo do Relámpago Diego, tamén secretario do club.
Xa centrándonos só no fut fem, o PM Friol anunciou a renovación da arzuá Andrea Vigo. A centrocampista xogará a súa cuarta tempada no conxunto friolés.
Na Milagrosa, Héctor Expósito renova como adestrador. Esta última tempada xa xogaron con el o partido a fase de ascenso. Baixando máis ao sur, o Monteforte anunciou a renovación de Laura Correas ‘Moji’, Claudia Rodríguez ‘Clau’ e Henar Saco.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)