#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun Mercado. Episodio 260

21 de outubro e seguimos publicando novidades que nos chegan desde todos os rincóns da provincia. A escasos días do comezo da Segunda e Terceira Autonómica, moitos clubes ultiman os seus cadros de futbolistas.

Na Primeira Galicia, o Portomarín continúa a incorporar a vellos rockeiros de gran nivel, como é agora o caso de Javicho, que xa participou na primeira victoria do seu novo equipo o pasado domingo.

Na Segunda, o Río Sil fixo oficial a chegada de tres futbolistas: Lucas, Cortiñas e Pedreira, que retorna á que xa foi a súa casa. Por último, na Terceira, o Celeiro Club del Mar faise cos servizos de Abraham Rolle, mentres que a SD Castroverde incorpora tamén tres novos xogadores: Brais, Lolo e Borja.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *