#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 242

Momento do Polvorín vs Bergantiños

Comezamos este novo capítulo do noso Diario dun Mercado falando dun ex do Polvorín. O centrocampista Manu Núñez, peza importante do filial albivermello nas últimas campañas foi anunciado como novo xogador do Somozas, onde seguirá compartindo vestiario co seu ex compañeiro Asier.

O Lemos incorpora ao polivalente xogador brasileiro Fernando Almeida. Pode desenvolverse como central ou mediocentro e viaxará desde o seu país o día 1 de setembro para poñerse ás ordes de Alberto López, co que xa coincidiu na súa última experiencia no noso páis, daquela nas filas do Arzúa.

O San Lázaro renovou a Alejandro Novo ‘Mincha‘, xogador que destaca polo seu bo golpeo de balón e que se pode desenvolver en varias posicións de ataque. O Xove Lago incorpora a Carlos, dianteiro procedente da SD Viveiro. O centrocampista Santi continuará co clube xovense unha vez finalizada a súa etapa xuvenil e o central Fer cumprirá a segunda temporada no Municipal. O Chantada Atlético garantiu a continuidade do seu goleador Adri.

O Palas incorpora ao primeiro equipo a Samu e Brais. Ámbolos dous formaban parte ata esta temporada do cadro xuvenil.



Noelia López Pires incorpórase ao corpo técnico da SD Antas, que seguirá adestrada por Melendo, tal e como adiantou Futbolinlugo. O técnico tamén contiuará á fronte do cadro masculino. Dani Abelairas continuará como coordinador deportivo e ecargarase dos conxuntos de base xunto con Manuel Otero Costoya ‘Txiki‘. Álex Cambeiro será o novo adestrador do equipo feminino da SD Chantada.

O xuvenil da Sarriana estará adestrado por Pedro Castro ‘Monarca‘, mentres que o equipo cadete terá á fronte a Raúl Fernández.



Diario dun mercado. Episodio 242

Cerdeiriños será o Edén dos gardamallas

Diario dun mercado. Episodio 242

Diario dun mercado. Episodio 243

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *