A pandemia está a causar moitos efectos nas nosas vidas. Despois de moitos meses sen realizar actividades «cotiás», as nosas mentes teñen moitas ganas de recuperar certa normalidade. É o caso do fútbol afeccionado, cuxos protagonistas teñen moita fame de voltar. Xa se viu en algún torneo veraniego como o «Fútbol Burbulla» de Baamonde, con récord de participantes.
Por iso, hoxe vimos falar da I Batalla de Porteiros de Monterroso/Cerdeiriños, que terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto nesta localidade e que xa conta con máis dunha veintena de inscritos. Da man de Sergio e Manel, dous rapaces da vila moi metidos no mundo do fútbol, o formato das batallas de porteiros chega por primeira vez á comarca do Ulla.

Como serán estas batallas de porteiros?
De acordo cos organizadores, o torneo de Cerdeiriños seguirá o formato tradicional de Soloporteros: dúas porterías de Fútbol-8 enfrontadas entre si e a 15 metros de distancia e partidos de dous minutos a tempo corrido. O obxectivo da organización era chegar a 32 participantes para completar 8 grupos de 4 e, a partires de aí, clasificar a todos os xogadores e facer cruces desde dezaseisavos.
Ao ser a primeira edición, tan só hai unha categoría, pero a inscripción está aberta a todas as idades. Nun primeiro momento, a idea era fomentar a posición do porteiro, reunindo en Monterroso a gardamallas da provincia e de localidades cercanas (Lalín, Melide…), pero a proposta tamén está a ter moita acollida entre futbolistas afeitos a desenvolverse noutras zonas do campo.


Os organizadores contan con comezar o torneo na mañá do sábado e estender as eliminatorias ao longo de toda unha tarde que agardemos seña unha festa do fútbol e supoña o principio do retorno aos campos.
Ademáis, as Batallas son un formato de competición que se presta moito a cumplir o protocolo contra a Covid-19: a máscara será obrigatoria en todo momento agás para competir, terá que respetarse a distancia de seguridade… por último, os participantes poderán disfrutar dunha pequena cantina que animará a xornada!!
Sorteo dunha inscripción
A inscripción estará aberta ata o día 25 de agosto, mércores. Ademáis, en colaboración coa I Batalla de Porteiros Cerdeiriños/Monterroso, Futbolinlugo sortea unha inscripción entre os nosos fieis lectores. O sorteo estará aberto ata o mesmo mércores 25 de agosto. Para participar, os interesados tan só terán que seguir tres sinxelos pasos:

- Seguir en Instagram a @futbolinlugo.
- Comentar no último post de @futbolinlugo en Instagram.
- Seguir en Instagram a @batalladeporteros_monterroso.
Vémonos!!