#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 222

Xa estamos de volta! E obviamente, con novidades! Sucédense as renovacións no noso fútbol pero aínda queda algún que outro movemento importante.

Comezamos pola Terceira División, onde o antigo defensa do Viveiro Uriol é novo xogador do Estradense. O seu compañeiro de batallas Roi tamén cambia de aires e confirma os rumores que o situaban no Foz de Bebo. O equipo branquivermello non para de traballar nestas semanas e tamén conseguiu a renovación do meta Rubén Castro.

Nesa mesma Preferente, Etham Coutado vestirá o azul do Atlético Escairón unha campaña máis. E na veciña Monforte, Alberto López presentou ao seu corpo técnico. Un ano máis contará coa compaña de Rubén Barrios na preparación física. As novidades chegan repletas de xuventude. Dani Pérez realizará a preparación dos porteiros e Aarón Sánchez, excoordinador de Casás, da un paso adiante na súa carreira ao ser o segundo e man dereita de Alberto López. Completa este cadro técnico o fisioterapeuta Alberto.



Na Primeira, o Pol segue movendo ficha da boa. O central Álex González, ex do Monterroso e Polvorín, xogará finalmente no Manuel Luna e non en Portomarín. Ademais Mourelos repesca a un vello coñecido, no que confía plenamente. Non é outro que exxogador do Antas José Costa.  Nesa mesma categoría, o Monterroso pechou dúas renovacións importantes: o defensa ‘Guaje Iago’ e o extremo Crespo.

Por último, chégannos novas por partida dobre desde Chantada. O filial do Sangoñedo renova a Jordi, Kevin, Luis, Cristian e Diego. O cadro feminino fai o propio con Noela, Nati, Tania e Marian.



Diario dun mercado. Episodio 222

SD Antas, como aproveitarse do contexto para

Diario dun mercado. Episodio 222

Diario dun mercado. Episodio 223.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *