Diario dun mercado. Episodio 220

Chegamos ao Episodio 220 do noso Diario, que vén cargado de novidades

A vinte de xullo o mercado está que arde e chegamos ao episodio 220 do noso Diario cargados de novidades.

Comezamos na Segunda RFEF. O lucense Álex Rey desvinculouse do CD Lugo e asinou no Tarazona, conxunto no que xa militou o seu ex compañeiro Cacharrón. A boa temporada do centrocampista no Unionistas de Salamanca non pasou desapercibida e Álex Rey terá continuidade na categoría.

O Polvorín, na súa labor de rediseñar o seu cadro de xogadores, fíxose cos servizos do atacante David Rojo, que militaba a pasada campaña nas filas do Somozas, tal e como adiantou o compañeiro Manu Amor. Tamén fará a pretemporada co filial albivermello Veloso, dianteiro da Residencia.

O ribadense Aitor, que xogou o último ano no Racing Vilalbés asinou no Arteixo, un dos conxuntos chamados a ocupar os postos altos na Preferente. Xa na nosa provincia, o Lemos é un dos conxuntos máis activos no mercado. Os capitáns Dafonte e Varela comprometéronse unha campaña máis co cadro monfortino, mentres que Adrián Armesto regresa á Pinguela logo da súa experiencia na Sarriana. Tamén estará ás ordes de Alberto López o ex capitán dos sarriaos Luisma. O Ribadeo recuperou para o fútbol a un vello coñecido do Pepe Barrera, o gardameta Diego Dos Santos, que voltará a ocupar a portería logo de tres temporadas ausente.

Comeza a coller forma o novo proxecto do Riotorto en Primeira Autonómica. Jon Vázquez estará no banquiño e renovan os xogadores de Suso Orxás, Manu Carreira, Ferreirós, Pablo Vivero, Coedo e Michi. O Pol segue a sorprender con auténticos bombazos. Tal e como adiantou Manu Amor, Manuel Mourelos será o adestrador e estará acompañado polo xa xogador do Somozas Santi Gegunde e Adrián Negro, ex preparado físico do Fisterra. Pero non só iso, a portería terá un inquilino de luxo: Javi Pita, o «gato do Vicedo«, asinará cos do Manuel Luna logo de varias temporadas no Racing Vilalbés. Porto, ex do Lemos e Gara, ex do Friol e do Ribadeo tamén xogarán ás orde de Mourelos. Os veteráns Pablo Ruíz e Iván González formarán parte do novo proxecto que terá como gran obxectivo o ascenso a Preferente.

O Castro é outro dos grandes animadores do mercado de Primeira. Sergio Begonte, Play, Torito e Ónega seguirán un ano máis no conxunto chairego. O seu filial, que botará a andar na vindeira temporada terá como adestrador a Isaac Rouco, que ata o de agora ocupaba o banquiño do xuvenil.  O Burela renovou ao canteirán Jairo Ares, mentres que Saúl Deán dará o salto ao primeiro equipo desde o xuvenil.

O San Ciprián comeza a perfilar o seu cadro de xogadores coas chegadas de Joao e Claudemir, desde o Burela e de Edgar, con pasado no Cervo.

Moitas novidades tamén no fútbol feminino. A monfortina María García xogará nas filas do Bergantiños en Primeira Galega. A última temporada estivo nas filas do Orzán coruñés, da mesma categoría. O Carballedo renovou a Diana Picos e Laura Delgado e o Chantada fixo o propio con Ángela, Andrea e Natalia.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 510

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.