#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Segunda Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 203

Pouco a pouco, a vella normalidade semella volver ás nosas vidas. Por iso, os clubes de toda a provincia están a xogar as súas cartas para ultimar os seus cadros de xogadores e os corpos técnicos de cara ao próximo ano. E hoxe chegamos cargados de novidades.

Comenzamos por unha Terceira RFEF na que temos renovacións, pero tamén despedidas. O Racing Villalbés anunciou a continuidade de tres futbolistas da casa, como son López, Make e Vérez. No CD Lugo «B», pola contra, non continuarán Marcos González, Iago Novo, Antón Escobar, Manu Morais, Asier, Quindimil e Manu Núñez. O que sí seguirá, de acordo coas verbas do presidente Tino Saqués esta mesma mañá, será o técnico Álex Ortiz. Ademáis, o directivo anunciou que Roberto Trashorras comezará a súa carreira como adestrador nun conxunto da base albivermella.

Desde a Preferente chega unha nova que marca a fin dunha era: o estandarte da SDC Residencia, Carlos Raposo, deixa o fútbol logo dunha traxectoria impecable no clube da Cheda. De seguro que toda a comunidade futbolística da provincia agradece todo o que Raposo fixo polo noso deporte. Outra novidade que chega desde as beiras do Miño é a fichaxe de Dani Galán como novo adestrador da Residencia na Preferente Norte.



Na Segunda Galicia, a maior parte das novas chegan desde o campo dos Medos, na Pobra do Brollón. O adestrador, Churra, continuará á fronte do proxecto. Un proxecto que colle forzas coa incorporación de Adrián Castañer, que deixa o Club Lemos logo de catro temporadas na Pinguela. Ademáis, o CD Brollón asina tamén a Iago (CP Calasancio) e renova a Damián.



Diario dun mercado. Episodio 203

A Sarriana salva o ‘match-ball’ polo ascenso

Diario dun mercado. Episodio 203

A tempada dos lucenses na Terceira acaba

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *