![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/01/WhatsApp-Image-2020-12-23-at-19.32.42-300x300.jpeg)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/01/JUANMA-PASTORICENE-402x1024.jpg)
A suspensión do fútbol afeccionado paralizou un mercado de Preferente que se viña axitando nas últimas xornadas. Unha parálise que nos impedirá ver, polo momento, a chegada do atacante do Taboada Diego ao Atlético Escairón. Pero que permitirá recuperar lesións con moita máis calma. É o caso dunha das caras novas pola Liga. O atacante Miguel Casas, procedente do Cedeira, partiu un dedo dunha man nos seus primeiros días co Santaballés.
Este parón leva a calma á Mariña, onde os movementos eran unha constante en días pasados. La Voz de Galicia adiantou o regreso do meta Rubén ao Foz. E o Ribadeo confirmou unha serie de fichaxes, entre eles o galáctico que avanzou esta casa: Gerardo Berodia vestirá a casaca do equipo de Rafa Casanova. Un conxunto que recuperou a vellos coñecidos para a causa. O xa excentral do Pastoricense Juanma regresa ao Pepe Barrera ao igual que o atacante Adrián Barrera. Ademais, suman ao defensa do Friol Dani e ao goleador Javi Fraga. Contrastado dianteiro o de Burela, ex de Polvorín, Castro e Sarriana.
Por último, na capital a Residencia segue con varios xogadores a proba. E apunta a ter un amplo cadro de xogadores. Nel estará seguro unha das súas flamantes fichaxes: o lateral zurdo Alvarito. O apicultor, ex da Sarriana e Pol entre outros, apunta a un carril esquerdo no que faltará esta temporada o emblemático Charly.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)