#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 190

Chega unha nova edición do Diario dun Mercado e comeza cun interesante movimento do Viveiro. O equipo adestrado por Chusky acadou a fichaxe de Aitor Moreda, que chega procedente do Racing Vilalbés. O focense foi un xogador importante na punta de ataque do equipo chairego na última temporada.

Precisamente nas categorías inferiores do Viveiro pescou o Burela. O conxunto verde asinou a Macly, Ismael e Iván, este último con pasado na base do cadro burelao. O Lourenzá continúa coas renovacións. Álex, Suso Foro e Javi Arruñada apuntalan a zaga do cadro de Ramallal, mentres que Álvaro, Aitor e Pichi seguirán na parcela atacante de Santa Cruz.

Suso Foro seguirá aportando veteranía e experiencia á zaga laurentina

O Celta Barreiros fichou a Soto, atacante que chega desde o Catro Roldas onde rematou a temporada logo de comezala no Páramo. No grupo Sur de Segunda Autonómica o Palas renovou a Iván e Julián.

Castroverde e Antas tamén perfilan os seus cadros de xogadores. Os da Veiga do Olmo renovaron a Piedra, mentras que os do Castro Seoane asinaron a continuidade de Xurxo, Minguello, Marcos, Cris, Méndez e Luis



Diario dun mercado. Episodio 190

Palabra de… Santi Real: «Na procura dunha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *