#Feminino #Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 177

Na segunda quincena de xullo xa case sería tempo de iniciar a pretemporada nalgúns dos clubs da provincia. A falta de almanaques que programen o camiño, os clubs continúan preparándose para o que poda vir.

Na Primeira Rexional, o Burela comunicou que Luis Salgueiro “Luchi” acompañará a Pepete na dirección do equipo. Pola súa banda, o Pol xa ten o porteiro que buscaba logo da operación de Bruzos. Iván Parapar chega a portería do Manuel Luna procedente do Riotorto. Indo cara Lugo, o San Lázaro segue apostando pola continuidade logo do ascenso. Alex, Mariano e Borja Candal renovan no conxunto da Ponte. O Monterroso continúa coa súa intensa confección do cadro de xogadores unha vez que poideron garantir a viabilidade do club. Martín Blanco volve a súa casa. Logo de militar no CD Conxo de Santiago e recuperarse dunha grave lesión, tentará recuperar a mellor versión cos seus. Na estrutura do equipo de Cerdeiriños van seguir Adrián Buján, Marco Aramburu e Samuel. Os tres procenden do equipo xuvenil. Tamén renova Brandan.



Capítulo á parte merece o Chantada que sempre anuncia as súas novas en bloque e con noticias relacionadas cos seus tres clubs sénior. Álex Varela compaxinará as súas funcións de adestrador da SD Chantada fem coa de segundo preparador do filial masculino. Alex acompañará ao coordinador Traste no banco do Chantada B. A idade sénior chega Cristian. Deixa os xuvenís, pero segue na estrutura do club. No entidade chantadina seguen confeccionando tamén o equipo feminino e dándolle a oportunidade as rapazas das Escolas Deportivas. Laura é a última en sumarse ao conxunto da vila do Asma.

Ademais na Segunda Rexional, o Palas renova a dous dos seus. Ouro e Tene continuarán levando perigo no ataque a favor do cadro celeste. Pola súa banda, o Castroverde que este curso militou na Terceira Galicia, comunicou a renovación do capitán Richard Huerta. Richi cumprirá a súa vixésima temporada no equipo verde e será de novo o alma máter da Veiga do Olmo. E outro dos míticos tamén segue. Ángel Cabado “Gelo” sumará a 15ª tempada.

Alén das nosas fronteiras apuntamos unha incorporación na Terceira Galega. O ex xogador vigés do Polvorín Varo Fernández é novo xogador da UD Ourense.

Diario dun mercado. Episodio 177

Rubén (C.D. Foz): «Será un ano duro,

Diario dun mercado. Episodio 177

Diario dun mercado. Episodio 178

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *