#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 174

Neste verán futbolísticamente atípico, e no que a competición aínda non ten data marcada para o seu retorno, os clubes lucenses seguen a moverse no mercado.

O C.D. Foz fichou ao gardameta Rubén, que chega procedente do Viveiro. O xove xogador do Valadouro xa deu mostras das súas cualidades esta temporada na Preferente. Ademáis, presentou oficialmente a Jorge, que retorna ao clube logo de xogar as últimas temporadas no Celta Barreiros

https://www.facebook.com/clubdeportivofoz1928/posts/2649702808581313

O Monterroso, logo de confirmar a súa continuidade, xa comezou a confeccionar o seu cadro de xogadores. Os de Cerdeiriños renovaron a Lorenzo, Cañón, Rafa, Basi e Bily. Pola súa banda, a S.D. Chantada renovou a Beni como segundo adestrador. O Burela renovou a Jairo López, que chegara no mercado invernal do veciño Viveiro. O Folgueiro acadou a fichaxe de Mario Gómez, xogador que xa formara parte do clube.



Na Segunda Autonómica, o Mondoñedo confirmou a súa primeira fichaxe. Trátase de Javi Álvarez, futbolista de ataque procedente do xuvenil do Lourenzá. Outro atacante, Luis cambia de clube, pero non de concello. Xogará no Río Sil ao que chega desde o Sober. O Palas contará baixo paos con Brais, ex adestrador da S.D. O Páramo.

https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=3147695421975288&id=1565580880186758



Diario dun mercado. Episodio 174

Diario dun mercado. Episodio 175

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *