O fútbol lucense perde a un dos grandes futbolistas que estaban xogando na provincia. Gerardo Carrera deixa o Racing Vilalbés e ficha polo Somozas, equipo da mesma categoría ca os chairegos despois de que esta temporada descendese dende a Segunda B. Pola súa banda, na Preferente Norte o Castro confirmou a baixa do capitán Xaime , que ten interese de outros clubes para seguir en Terceira e de Nano que fichou no Cospeito de Segunda Galicia tras abandonar o equipo das beiras do Lea por motivos laborais. Tamén é baixa o preparador físico Juan Carlos.
Na Primeira Galicia, un dos recén descendidos, a Sarriana reforzase coa chegada de Diego Díaz. O dianteiro procedente do Páramo e participou nos 34 encontros da competición regular co seu equipo. Pola súa banda, un dos que é novo nesta división con respecto a temporada pasada, o Ferreira, anunciou a chegada de Sergio Álvarez, xogador procedente do Chantada. Un dos que permanece, o Taboada, confirmou a baixa dun dos referentes do equipo e tamén do fútbol provincial. Emilio Besteiro deixa o fútbol despois de 24 anos no conxunto branquiazul.
Na Segunda Galicia, Rodrigo Amarante será o novo adestrador do Chantada B, equipo do que formaba parte como xogador ata esta temporada. Amarante é un home da casa a quen o Chantada lle confía o mando para encarar esta nova etapa do filial na Segunda
Pola súa banda, na Terceira Galicia hai novidades no Celeiro. O director deportivo Martín Rodríguez que segue no cargo, confirmou a chegada de Óscar Piñón Trasancos como novo adestrador do conxunto vivairense. Na Terceira sur, o Quiroga tamén anunciou que volverá poñer en marcha o conxunto xuvenil despois da reunión mantida na pasada fin de semana.