Destacados Primeira. Xornada 19

Sorpresa na Cheda, locura nas Rapadas, goleada do Lemos nunha plaza compricada e un derbi chantadino que se decidiu a balón parado

*Monterroso-Pastoricense: O Monterroso non pasou do empate nun encontro no que chegou con claridade á área rival. Cañón, nun cabezazo a un lanzamento dende o curruncho, marcou antes o tempo de lecer. A igualada tamén se xestou a pelota parada, xa pasado o minuto 90. Diego arañou un puntiño nunha falta botada por Raúl.

*Residencia-Taboada: Sorpresa na Cheda. Unha irrecoñecible Residencia deixou fuxir os puntos da casa. O Taboada dispuxo de máis ocasións nunha primeira metade igualada. Aínda que o único tanto do partido chegou nunha reanudación con alternativas nas áreas. Diego transformou un penalti cometido sobre Moski.

*Páramo-Outeiro de Rei: Os de Cholas desperdiciaron un 0-3 a favor na primeira metade ante un Páramo con Corbelle na portería, que detivo un penalti. O cadro de Fontal marcou dous goles rápido tralo descanso. E confiou nunhas posibilidades que parecían remotas antes do paso polos vestiarios. Nos últimos minutos, os locais empataron nun rexeite a un obús de Borjita á cruceta. E mesmo tiveron unha oportunidade para ganar nas botas de Borja Rasilla.

*Pol-Sporting Pontenova: A superioridade do Pol no balón parado resultou decisiva. A Pontenova xogou máis dunha hora cun xogador menos e aínda así marchouse cunha mínima vantaxe ao descanso. Os visitantes tiñan o partido controlado e xerando perigo á contra. No entanto, un gol de córner espoleou aos de Abad. Deulle a forza necesaria para derrubar a muralla mariñana e acabar levando os tres puntos.

*Atlético Escairón-San Ciprián: Superioridade clara dos do Saviñao, que firmaron unha das mellores primeiras metades desta tempada. O Atlético Escairón marchouse cun 2-0 ao descanso ante un rival bisoño e plagado de baixas. O San Ciprián mellorou na reanudación pero pronto encaixou o terceiro tanto e aí morreu o partido. Aínda así, os de Lekumberri lograron o gol da honra.

*Burela-Friol: Dani adiantou ao Friol tras un inicio igualado. A partir de aí, o Burela fíxose co mando do encontro e empatou. Ao comezo da segunda metade, un erro visitante propiciou unha mínima vantaxe mariñana. Ese gol matou aos de Jon Vázquez, que terminaron sendo goleados. De tódolos xeitos, os visitantes tiraron de orgullo no tramo final e dispuxeron de ocasións para maquillar algo máis o resultado.

*Santaballés-Riotorto: O conxunto de Dani Moirón encarrilou o encontro na primeira metade, na que conseguiu os tres goles. A efectividade nas áreas foi chave e aí dominou o Santaballés. No segundo tempo, o Riotorto tentouno sen fortuna e o máis destacado foi un balón á madeira nas postrimerías do choque.

*Xove Lago-Lemos: Espectacular exercicio coral do Lemos para asaltar un dos campos máis complicados da provincia. Denis adiantou aos monfortinos de falta nada máis comezar. O líder superou a presión alta do Xove Lago e fixo moito dano ás espaldas da zaga mariñana. Ao descanso, os visitantes vencían por 0-5. Melloraron os de José Manuel na segunda metade, e fixeron o seu gol. A pesares das numerosas baixas coas que contaban, especialmente na parcela ofensiva.

*Chantada-Chantada Atlético: Anxo decidiu o derbi cun golazo de falta aos dez minutos. O único do encontro. Os de Juan Rodríguez puideron finiquitar o encontro na primeira metade ante un rival que igualou forzas tralo descanso. Na segunda metade, cada equipo tivo un par de boas ocasións. Adri estivo preto de marcar e conseguir un empate para o Chantada Atlético.

 

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario