#Cadetes #Fútbol Base #Infantís #Xuvenís

Cruces das segundas eliminatorias das Fases de Ascenso

Hoxe tivo lugar en Santiago o sorteo das seguintes eliminatorias das distintas fases de ascenso infantil, cadete e xuvenil, todas elas con protagonismo lucense. Velaquí os seus rivais.

Dúas eliminatorias separan aos clubes lucenses do ansiado ascenso á Liga Galega. Sen dúbida, non será doado, pero todos eles loitarán ata o último intre para levar ao seu equipo ao máis alto.

En infantís, tralo ascenso do Polvorín, o Racing Vilalbés mediráse ao Valiño Cabo da Cruz, xogando o primeiro partido do cruce no Estadio Roca ante un conxunto que venceu con moita solvencia a primeira eliminatoria fronte a SD Compostela.

En cadetes contamos con dous representantes. O Polvorín afrontará una dura eliminatoria ante o Santiago de Compostela «B», xogando o primeiro encontro en Montirón. A Residencia tamén terá una dura empresa por diante, que comezará na Cheda recibindo ao Victoria, equipo tamén de Santiago. No caso de que ambos conxuntos consigan o pase á seguinte ronda, teriamos una final polo ascenso entre lucenses, na que de seguro o espectáculo estaría asegurado.



Por último, o noso representante xuvenil é tamén a Residencia que, tras vencer con solvencia ao Atlético Castros, afrontará unha segunda eliminatoria fronte o rocoso Imperátor, campión destacado da Coruña, xogando a ida na Cheda.

Desexamos toda a sorte do mundo aos nosos rapaces, que sen dúbida están contribuíndo a engrandecer o noso fútbol base.



Once da rolda inicial da Copa de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *