#Cadetes #Fútbol Base #Infantís #Sin categoría #Xuvenís

Cruces das fases de ascenso infantil, cadete e xuvenil

Xa coñecemos aos equipos que se enfrentarán aos representantes lucenses nas fases de ascenso á Liga Galega. A algúns deles (os primeiros clasificados de cada categoría) bastaralles con superar unha eliminatoria para cumprir o obxectivo da tempada. Os segundos clasificados do Provincial terán que superar ata tres eliminatorias.En infantís, o campión foi o Polvorín. O conxunto adestrado por Francisco Caballero enfrontarase ao vencedor dunha eliminatoria entre Cee e Imperator. A ida da eliminatoria terá lugar lonxe do Polvorín. O outro clube lucense presente neste sorteo foi o Racing Villalbés, cuxo primer rival nesta dura fase será o perdedor desa mesma eliminatoria entre Cee e Imperator, xogando o primeiro partido da eliminatoria tamén fóra da súa casa.

O primeiro clasificado cadete foi a Residencia, aínda proclamada o pasado sábado campión de liga. Os da Cheda enfrontaranse na ida na Cheda ante o vencedor da eliminatoria entre San Tirso e Fisterra. O Polvorín, tamén adestrado por Francisco Caballero, comezará a fase no Millaodoiro fronte ao equipo da vila, o Milladoiro..

Por último, en xuvenís, o Racing Villalbés «B» foi o campión do provincial. Os chairegos poderán conseguir o ascenso o día 27 en Meirás (tras xogar a ida no Roca), tras enfrontarse ao Meirás CF. O outro representante lucense é a Residencia, que recibirá no seu campo ao Atlético Castros na ida da primeira eliminatoria. Ademáis, o Calasancio B enfrontaráse ao Choco B.

Agardamos poder facer eco do ascenso de todos estes equipos nas próximas semanas. Moita sorte a todos!



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *