Repaso das clasificacións de veteráns!

Xa hai unhas semanas abordamos o tema das clasificacións dos máis adultos e, á vez, os máis apaixoados deste deporte. Hoxe queremos repasar e falar das novidades  nos primeiros postos das tres ligas lucenses!

O Pastoricense é cuarto na Primeira provincial.

Na Primeira local o líder indiscutible segue a ser o Sagrado Corazón, equipo que conta con tan só unha derrota en 21 xornadas, contando os demais partidos por victorias. Aventaxa en 15 puntos ao Restaurante O Picato, segundo clasificado con 45 puntos. Preto atópanse o Peñarol, o Pastoricense e o Recambios Fraín, con 44, 43 e 42 puntos, respectivamente.

Na Primeira provincial domina o Pol, a pesares da súa derrota a pasada xornada ante o Cospeito por 3-1. O Pol está separado por dous puntos do segundo clasificado, o Illán, e por seis puntos do terceiro, o Trasnos. Nesta liga todo está máis apretado que na liga local, e a emoción é a raíña protagonista de cada fin de semana.

E na outra división de fútbol veterán lucense, a Segunda provincial, o Friol encabeza a táboa, con 31 puntos de 39 posibles. Non obstante, o clube coñecido como A Canteira está a tan só un punto dos líderes e conta cun partido menos (dispotou 12, mentres que o Friol 13). Xa máis alonxados, con 26 puntos e na terceira praza, aparecen os veteráns de Santaballés. Na cuarta e quinta posición, con 24 puntos, están igualados o Taboada e o Albense.

Semana tras semana, xornada tras xornada, molleira tras molleira, ou ben soleira tras soleira (aínda que é menos frecuente), estes veteráns fan máis e máis digna, e á vez trepidante pola emoción vivida nela, a súa competición.

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario