#Fútbol afeccionado #Alevíns #Benxamíns #Cadetes #Fútbol Base #Infantís #Prebenxamíns #Xuvenís

Chega o I Campus Futbolinlugo

Esta casa está de estrea. Hoxe vimos de presentar o I Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita no Salón de Actos do citado Concello mariñán. No acto participaron Gerardo Criado (Xefe Territorial de Presidencia da Xunta de Galicia), Ramiro Fernández Rey (Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes do Concello de Burela), Diego Díaz (Futbolinlugo) e Jairo Campo (coordinador do Campus e presidente da SD Burela).

O I Campus de Futbolinlugo é unha aposta deste equipo para darnos a coñecer entre os futuros xogadores de mañá. Un nexo de unión entre o fútbol base e o noso balompé afeccionado. Un evento referencia para este verán e para o que contamos con entidades de calado para que sexa un auténtico éxito. Á tradicional e inestimable colaboración do Concello de Burela únese a Xunta de Galicia e Gadis, un clásico xa dos nosos All Star.

Esta actividade acollerá a nenos e nenas entre 5 e 16 anos na terceira semana do mes de xullo (17-21 de xullo). O campo da Marosa é o lugar elixido para desfrutar do fútbol nas matinais laborables da citada semana (09.30-14.00 horas). O I Campus Mixto Futbolinlugo Burela Bonita centrarase nos aspectos da mellora técnica e lúdicos de cada un dos participantes. Diferentes adestradores titulados da provincia aportarán a súa sabedoría ao servizo dos máis pequenos da casa. Entre adestramento e adestramento tamén haberá lugar para actividades diferentes e pequenas saídas.

Futbolinlugo desexa que A Marosa se encha de rapaces e rapazas que comparten a nosa mesma paixón. Por iso, decidimos apostar por prezos populares e seguro para todos as criaturas. Por só 125 euros, o nen@ gozará dunha semana de puro fútbol, saídas, sorpresas… Ademais, levarase de agasallo dous conxuntos técnicos de camiseta e pantalón dunha das marcas de moda do panorama nacional.



Nas seguintes ligazóns, deixámosvos a descrición do Campus día a día así como o formulario de inscrición para o mesmo. Para solicitar máis información, habilitamos un correo específico para esta actividade (campusfutbolinlugo@gmail.com)

Impresións

Gerardo Criado: «Isto vai ser un éxito, xa o é. É unha inversión na sociedade en calidade, entretemento e preparación física».

Un dos momentos da presentación do Campus

Ramiro Fernández Rey: «Imos poñer todos os medios que teñamos ao noso alcance e xa pensamos en próximas edicións, vai ser un éxito».



Diego Díaz: «Agardamos que este verán, os pequenos e o fútbol inunden A Marosa e Burela».

Jairo Campo: «Buscaremos implicar a todos os nenos e nenas da zona da Mariña. A Marosa é un lugar espectacular para esta actividade».

Chega o I Campus Futbolinlugo

Sesión Plenario 20: Juan Rodríguez-Javi Regueiro

Chega o I Campus Futbolinlugo

O Lemos protagoniza a única vitoria da

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *