Os nosos pequenos grandes campións!

Esta semana disputáronse as finais das copas da Primeira Autonómica alevín, benxamín e as da Primeira e Segunda Autonómica prebenxamín. Sumado ás finais da semana da pasada, das que saíron os campións infantís, cadetes e xuvenís, xa temos practicamente completo o cadro de campións de todas as copas (faltan as disputas das finais de Segunda […]

Diario dun mercado. Episodio 11

A vindeira temporada o fútbol da provincia volverá contar só cun representante na Terceira, o Racing Vilalbés. O equipo da capital da Terra Chá comeza a planificar o novo curso e anunciou a renovación do adestrador Óscar Gilsanz que cumprirá a súa cuarta temporada no banco da Madalena. Gilsanz vén de facer a mellor campaña desde que […]

A festa do fútbol de sempre

A temporada vai chegando ao seu fin, pero, como sempre, deixa asuntos importantes para o final. Algúns equipos xa andan planificando o vindeiro curso, porque o alimento do fútbol parece formar parte da base alimentaria de moitas persoas. Non obstante, outros andan preparando a festa da final da Copa. En concreto catro equipos que loitarán polo título […]

Diario dun Mercado. Episodio 10

O Ribadeo é un dos equipos que máis se está adiantando neste mercado aínda primaveral coa intención de pechar canto antes o cadro de xogadores.Ás renovacións xa coñecidas e ás tres fichaxes, sumáselles agora a continuidade de Martín Traba por unha temporada máis. Sen marchar da Mariña, hai novidades no Valadouro da Primeira Galicia que […]

As notas da Segunda nas semifinais da Copa

Este vindeiro domingo o Anxo Carro será o escenario das finais da copa feminina que desputarán entre o Friol e o Antas (17:30h) e a final da Copa masculina da Segunda e da Terceira entre o Pontenova e o Friol (19:30h). Antes facemos un repaso do máis destacado das semfinais nas nosas notas. O ás: […]

Nace o Club Deportivo Rábade Balompé

O fútbol volve ao centro da provincia de Lugo. Un dos municipios mellor comunicados da contorna volverá desfrutar do fútbol sénior despois de varios anos sen contar con ningún equipo nesta categoría. Unha directiva con experiencia no fútbol e con raíces en Rábade da luz a un proxecto que conta con saír na vindeira temporada […]

As nosas redes falan!

Un mércores máis chega o turno da sección dos verdadeiros protagonistas. Clubes, xogadores, adestradores, siareiros… Que se dan cita cada semana nas nosas redes sociais!!

Diario dun mercado. Episodio 9

Na Mariña máis oriental continúan coa renovación de xogadores importantes. O arxentino Mauro Poratti, que formou en varias xornadas parte do noso once ideal, renovou polo Ribadeo. Un máis que se suma a un cadro de xogadores que contará con Cube, Marcos Peña, Criss, Rafa Casanova, Yoel, Iván, Luki, Juanm, Parapar, Jacob e as fichaxes […]

Once dos oitavos da Copa de Preferente e Primeira

Os equipos da Preferente Norte incorporáronse as eliminatorias da Copa despois de finalizar a temporada regular e xa houbo as primeiras sorpresas. Oito equipos desputarán a vindeira fin de semana os cuartos de final, pero antes repasamos os protagonistas dos oitavos no noso once. Unha das sorpresas da fin de semana estivo na vitoria do […]

Ilustres emigrantes: Edgar Díaz: «Perdéronse xogadores dun alto nivel»

Inauguramos sección: Ilustres emigrantes. Queremos coñecer a todos eses lucenses perdidos na emigración futbolística. Non son moitos, pero ‘habelos hailos’. Un deles é Edgar Díaz. Así que imos coñecelo. Deixámosvos xa co propio Edgar, que nos relata a súa historia balompédica. «Empecei xogando na Residencia. Aos once anos marchei ao Lugo. Pasei por tódalas categorías. […]

Simón Lamas, Racing Vilalbés: «O mellor destes dous anos está por chegar»

O Racing Vilalbés está a medrar a pasos axigantados. O pasado domingo, o Xuvenil A conseguiu o ascenso á División de Honra e na campaña 2017/2018 gozará do luxo de visitar campos tales como Mareo, El Requexón… Á vez, o Xuvenil B ascendeu o sábado á Liga Galega, o que supón un gran paso adiante […]

Diario dun mercado. Episodio 8

Non sempre todo é definitivo. Isto xa queda demostrado no noso mercado. Hai un par de semanas anunciabamos a continuidade de Charly como adestrador do Castro despois do descenso á Preferente. Non obstante, esta última semana confirmouse que o preparador sarriano non segue aos mandos do cadro chairego nunha decisión mediada por ambas partes, aínda […]

Palabra de Jesu Rodríguez: Unha vida en vermello

Todo comezou no verán de 2009 cando cheguei ao club na categoría infantil, por medio de Antón, que xa me adestrara un ano na escola de fútbol de Cervantes. Ao longo dos anos no club pasei de quedar en media táboa a pelexar por gañar as ligas e incluso por ascender; estando moi cerca na […]

Hemeroteca: Motivación espectacular sen premio

Hoxe a nosa hemeroteca viaxa moi preto no tempo. Menos dun mes atrás de feito. Pero vale a pena facer este percorrido. Os amigos de Monterroso fannos chegar este espectacular documento. Un vídeo que recibiron os xogadores antes do trascendental encontro ante o Outeiro polo ascenso. O resultado non foi o desexado. Iso sí, este […]

Diario dun mercado. Episodio 7

Nestes primeiros movementos do mercado boa parte dos equipos están por darlle continuidade aos proxectos da última campaña. Un que se acaba de sumar a esta tendencia é o Atlético Escairón que xa prepara a vindeira temporada comandado de novo por Alberto López. O conxunto do Saviñao, que aínda ten que xogar a Copa (este […]

Finais das copas xuvenil, cadete e infantil

Esta xornada será a última da temporada para os rapaces en idade infantil, cadete e xuvenil que disputan a Copa. Tras varias eliminatorias moi vistosas nas tres categorías, tan só quedan vivos dous equipos en cada unha. 

Diario dun Mercado. Episodio 6

A SD Chantada xa elixiu. E apostou por dous homes da casa. Dani Fernández e Juan Rodríguez serán os encargados de dirixir o primeiro equipo da entidade. Asi mesmo, o clube confirmou as renovacións dos seguintes xogadores: Ferreiro, Álex, Cristian, Pulpix, Kadete, Alberto, Traste, Manuel, Cebolli, Delgado, Joserra, Noé, Michi, César, Javi Ramos e Brais. Outro […]

As notas da Segunda e Terceira nos cuartos da Copa

Xa só quedan catro equipos na competición. Esta próxima fin de semana xogaranse por así dicilo as finais territoriais, a do norte e a do sur, ou o que veñen sendo as semifinais para decidir quen optará polo título no último partido. Sporting Pontenova – Lourenzá será a semifinal do norte, mentras que Brollón – Friol […]

Brenan, Francisco Caballero e o traballo ben feito

A pasada fin de semana foi histórica para o fútbol lucense. Racing Vilalbés Xuvenil «A» ascendeu á División de Honra, e Racing Vilalbés Xuvenil «B» e EF Polvorín infantil conseguiron o ascenso ás respectivas ligas galegas.