Diario dun mercado. Episodio 44

Nesta semana son moitos os equipos que están volvendo a vestirse coa roupa dos adestramentos xa que comezan a preparar a nova temporada. Non obstante, o cadro de futbolistas aínda non está pechado en moitos deles e os clubs seguen acudindo ao mercado. Na Preferente Norte, o Escairón fichou ao dianteiro Ibrahima Ndiaye «Ibou» que xa […]

Os xuvenís A do Lugo e Villalbés xa saben a súa sorte

A División de Honra xuvenil xa coñece o seu calendario. O Lugo buscará estar un ano máis na zona nobre, pelexando de ti a ti cos galiños da categoría. Iso si, este ano non estará só. O Racing Villalbés disfrutará dunha experiencia única tralo seu espectacular ascenso. O cadro branquivermello comezará na casa ante o […]

Tres grupos na Terceira rexional por maioría democrática

A democracia dictou sentencia e será a proposta inicial da delegación da Federación en Lugo (con algún matiz) a que está previsto que guíe a competición na Terceira Galicia de cara a vindeira temporada. A falta de que o novo sistema sexa aprobado na Asemblea da Federación Galega de Fútbol o vindeiro luns en Santiago, a […]

Diario dun mercado. Episodio 43

Mediada a semana, os clubes apuran as fichaxes e as renovacións para poder disfrutar dun tranquilo fin de semana na praia ou na piscina, xa que para moitos pode ser o último, ao comezar a rodar o balón nos encotros de preparación da temporada. 

As nosas redes falan!

En plena estación estival, e con moitas pretemporadas xa iniciadas, a actividade nas redes sociais dos clubes, xogadores e afeccionados comeza a medrar.

Diario dun mercado. Episodio 42

Día de Galicia. Hoxe máis que nunca, día do noso fútbol! E como non podía ser doutra maneira, vén cargado de novidades. A principal é a creación dun novo equipo. E feminino! A Mariña xa ten a súa escadra. O Ribadeo FC aposta polas mulleres e traballa arreo para sacar adiante esta grandísima iniciativa. Ademais, […]

A Terceira rexional a debate

Hai algo máis dunha semana coñeciamos a proposta da delegación da Federación en Lugo sobre a nova estruturación da Terceira Galicia. Non obstante, eses cambios non acabaron por convencer a moitos dos equipos que teñen a intención de participar o vindeiro ano na competición. Non convencen nin os desprazamentos, nin que a primeira competición teña só […]

Xornadas de portas abertas na SCD Milagrosa

Hai uns días, coñecíamos que a SCD Milagrosa realizará adestramentos de fútbol feminino coas portas abertas a calquera rapaza interesada no fútbol. O obxectivo, como di o slogan da súa campaña: escribir o futuro. Futbolinlugo quixo saber máis acerca desta iniciativa e falou coa coordinadora do fútbol feminino en Frigsa, Iria Rey.

Diario dun mercado. Episodio 41

A fin de semana pasou factura para os nosos clubes e os movementos no mercado escasearon.

Palabra de… Diego Díaz: Por qué existen as pretemporadas?

Por qué existen as pretemporadas? Esa é a pregunta que se fan ducias dos nosos futbolistas cada verán. Non entenden o porqué de semellante tortura física. Eles, amateurs, que veñen de rematar a campaña anterior hai dúas ou tres semanas; seguen sen comprender o porqué deste suplicio estival. Pensan que non poden perder toda a […]

Diario dun mercado. Episodio 40

Continúa o período intensivo de mercado como certifican os nosos 40 episodios. E que os movementos non paran. Na Terceira División, o guntino Marcos Valín ficha polo Somozas. O gardamallas, procedente do Cerceda e con pasado en Racing de Ferrol, Depor B e CD Lugo, coincidirá no conxunto verdiblanco co tamén lucense Álex. Na Preferente Norte, […]

Residencia e San Roque unen as súas forzas

Era un segredo a voces. Residencia e San Roque unen as súas forzas. Porén, en qué consiste exactamente este acordo? Nesta entrada, explicámosvos todos os detalles grazas á axuda dun dos grandes implicados: Manolo García. Él emerxe como a gran visible deste acordo. Manolo é o novo adestrador do San Roque. Todo elo despois de […]

Diario dun mercado. Episodio 39

O Lemos traballa sen descanso para configurar un plantel de garantías. Á terna de xogadores xa comentados, hai que engadir dous máis: Leo e Adrián Castañer, que chega dende o Brollón. Outro Leo fai o camiño á inversa. O mediocentro deixa o Lemos para recalar no veciño Atlético Escairón. Mesmo destino para o lateral Manu […]

As nosas redes falan!

Xa estamos a mediados de xullo… pero os nosos clubes e afeccionados continúan igual de comprometidos co fútbol que en plena temporada! Estas son as publicacións máis destacadas desta semana!

Kiko Rey non adestrará ao Xove Lago

Xa temos a primeira vítima dunha das decisións máis controvertidas do verán. Kiko Rey non adestrará ao Xove Lago esta campaña. A pasada semana sabíase na Asemblea da Federación Galega de Fútbol, que o técnico que non tivese o Nivel-2 non podería adestrar na Primeira Galicia. Dous clubes eran os principais perxudicados: Santaballés e Xove […]

Diario dun mercado. Episodio 37

Os equipos da Preferente que máis tardaron en decidir finalmente o seu futuro seguen tentando construír o seu cadro de xogadores neste mercado. No novo Escairón de Anxo Valcárcel chega o mediocentro Daniel Dafonte. O mediocentro monfortino procede do Arenteiro co que conseguiu o ascenso esta temporada á Terceira División. No último curso no conxunto […]

Diario dun mercado. Episodio 36

Máis cedo que tarde botará a rodar o balón polos campos lucenses, polo que os clubes apuran a confección dos seus planteis. 

Contra quen competirán os nosos xuvenís?

Tras falar dos infantís e dos cadetes, chega o turno dos que sí son os maiores dentro dos máis pequenos, os nosos xuvenís.

Unha Segunda máis renovada no grupo sur

A Segunda Galicia mantén o sistema de competición destas últimas temporadas e volverá ter dous grupos con cadanseus dezaseis equipos. Os dous primeiros clasificados de cada grupo ascenderán á Primeira, mentras que, como mínimo, os dous últimos decenderán á Terceira. O número pode verse aumentado no caso de posibles arrastres doutras categorías. No grupo norte, […]