O partido da xornada . . . S.D. Chantada – Club Lemos: o líder pon a proba a imbatibilidade do Sangoñedo

Desde antes de comezala temporada, na gran maioría de quinielas figuraban Chantada e Lemos como máximos candidatos a rematar ascendendo de categoría no vindeiro mes de maio. Este domingo ás 17 horas, o Sangoñedo será testigo dun duelo entre o segundo clasificado e o líder de Primeira. Un encontro con claro sabor a Preferente. A […]

Os sobranceiros da 16ª xornada na Terceira

O Muimenta volveu á senda da vitoria, pero o Alfoz mantense preto. O Matela logrou tres puntos importantes na Fonsagrada e o Catro Roldas mantén a distancia co sétimo. No sur, o Paradela é máis líder; mentres que o Antas achégase ao segundo. Unha estrea no mundo do fútbol e un repóker para poñer a […]

Os onces da 19ª xornada na Segunda

O Guitiriz mantense no liderado do grupo norte e o Folgueiro reafirma o seu posto de ascenso ao vencer a outro dos candidatos. O Cospeito sae da posición de descenso directo quince xornadas despois e o Valadouro volve quedar sen adestrador. No sur, o Palas sacou un punto do Chao da Poza e continúa líder. […]

O partido en imaxes: Taboada-Páramo (2-1)

O campo dos Chacotes de Palas acolleu un duelo que non se decidiu ata os minutos finais. Alí estivo Canti coa súa cámara

O partido en imaxes: CD Alfoz-SCD Milagrosa (3-2)

O pasado domingo celebrouse en Alfoz un gran partido entre o equipo mariñano e a SCD Milagrosa, que concluiu con victoria pola mínima dos locais e que lles serve para manterse en posición de ascenso directo. A nosa querida Sonia Paleo estivo presente no choque e, como sempre, fixo unhas grandes fotografías do choque!

Destacados Primeira. Xornada 22

*Burela-Sporting Pontenova: Sorpresa na Marosa. O colista venceu pola mínima despois de xerar boas e numerosas ocasións ante o Burela. Non foi o mellor partido dos de Jaime Méndez, que sufriron ante as rápidas transicións do Sporting Pontenova. Matelo selou os tres puntos cun gol nas postrimerías do encontro. *Pastoricense-Pol: Gandoy abriu a lata moi […]

As nosas redes falan

Roubos en campos de fútbol da Primeira Rexional Ladróns sería un título moi alto para designar a alguén que se debe aburrir moito para saquear un campo do fútbol modesto. A semana pasada entraron nos campos do Acebreiro (A Pastoriza), A Mina (Pontenova) e o Manuel Luna (Pol). Na fin de semana foron os campos […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e Preferente (Xornada 25)

Esta xornada déixanos un triunfo vital na Terceira, o do Polvorín, que venceu na Cheda ao Ourense e sírvelle para deixalo descenso a dous puntos. O Racing Vilalbés non pasou do empate na casa ante o Choco. Na Preferente, o derbi provincial entre o Ribadeo e o Castro quedou na Mariña, mentras que Viveiro e […]

Galería de imaxes: UD Xove Lago 2-0 SD Burela

A pasada fin de semana houbo derbi mariñán na Primeira Galicia, que mediu a Xove Lago e Burela no Municipal de Xove. Os tres puntos quedaron na casa, tras dous goles en escasos quince minutos (60′ e 73′). Sonia Paleo estivo presente neste choque, e autoría dela son estas fotografías!

Galería de imaxes: SD Brollón 2-3 O Incio Terra Brava

A pasada fin de semana viviuse na Pobra do Brollón un choque recheo de emoción, goles e ocasión, no que se mediron os locais co Incio. Nel, os visitantes fixeron gala da bravura seu nome (Incio Terra Brava) e conseguiron sacar tres puntos moi importantes de cara ao final de temporada no campo dos Medos.

O partido da xornada . . . C.D. Alfoz – S.C.D. Milagrosa: dous históricos na procura de tres puntos claves

O Municipal de Alfoz será, o sábado ás 16:15 horas o esceario dun encontro trascendental no grupo Norte da Terceira Autonómica. O conxunto local, o C.D. Alfoz, segundo clasificado, verase as caras co terceiro, a S.C.D. Milagrosa, ao que aventaxa en tres puntos. Ámbolos dous conxuntos descenderon a pasada campaña a unha categoría descoñecida para […]

As nosas guerreiras da fin de semana!

Xornada atípica no fútbol feminino lucense, especialmente na Segunda División Nacional. Nesta categoría, o PM Friol CD Lugo visitaba o campo do Gijón Feminino, un partido vital de cara ás expectativas de ascenso das rapazas da Reigosa. Porén, o choque foi suspendido por mor das malas condicións climatolóxicas, e semella que se disputará este domingo […]

Os sobranceiros da 15ª xornada na Terceira

A Milagrosa repúxose da sorpresa negativa da semana anterior cunha vitoria contundente ante o todopoderoso líder. Deste xeito, o Alfoz achégase ao primeiro posto. Ademais o Celeiro sacou un empate ante o Fonsagrada e o Lugo Unión conseguiu o primeiro triunfo do curso. No sur, o Paradela afianzou o liderado aproveitando a suspensión do encontro […]

Os onces da 18ª na Segunda Rexional

O Guitiriz volve ao máis alto da táboa no grupo norte logo de vencer e aproveitar o empate entre o Folgueiro e o Lourenzá. A sorpresa da xornada foi na Lomba coa vitoria do Meira ante o Xermade nunha xornada na que gañaron os dous equipos que ocupan postos de descenso directo. No grupo sur, […]

Galería de imaxes: CD Palas – Ferreira FC

O pasado domingo foi día de partido en Palas, que mediu ao equipo local co Ferreira, vencendo 2-1 o conxunto dos Chacotes. Leti Fernández presenciou o duelo e tomou unha serie de imaxes que compoñen esta galería fotográfica!

As nosas redes falan

Arquivo histórico do fútbol provincial Esta fin de semana circulou polas redes sociais unha reportaxe sobre o fútbol chairego realizada no ano 1996 polo programa de Canal +, “El Día Después” (programa que se mantén a día de hoxe pero na canle Vamos de Movistar). O documento recolle un partido da coñecida como Liga da […]