A Copa Deputación comeza xa e xogarase tamén no Nadal e no Entroido

É unha imaxe de primavera. Pero este curso trasladouse a agosto. A Copa Deputación 2020 xa está aquí. Nalgúns casos vai comezar antes ca liga. Esta xoves realizouse o sorteo no salón de actos da Deputación de Lugo en San Marcos. As novidades chegan nunha maior axuda económica procedente da Federación e nas datas que se intercalan coa competición regular. O resto do formato non varía. Seguirá sendo a partido único e o encontro xogarase na casa do equipo de menor categoría. No caso de que ao final dos 90 minutos regulamentarios haxa empate, as eliminatorias resolveranse na quenda de penaltis. A continuación repasamos as datas e os primeiros cruces de todos os equipos participantes.

NOTA: De cada dous partidos, sairá o cruce da seguinte eliminatoria tal e como están dispostos. O vencedor do primeiro partido que aparece xogará co vencedor do segundo encontro que sae e así sucesivamente. Agás naqueles que xa están marcados ao seu carón o rival. 

O Ribadeo é o vixente campión da Copa Deputación. Foto: twitter @RibadeoFC

Copa da Preferente e da Primeira Rexional:

A 1ª rolda xogarase na fin de semana do 1 de setembro. É dicir, en menos de dez días. Só entran os equipos da Primeira Rexional. Será a primeira cita oficial para eles nesta campaña. Quedan dous exentos. O Guntín e o Pastoricense. Os do Acebreiro poderán desfrutar con tranquilidade das festas patronais. Os conxuntos da Preferente uniranse na segunda eliminatoria.

Partidos 1ª rolda

San Roque – Riotorto (o vencedor xogará coa Residencia)

Atlético Escairón – Lourenzá

Xove Lago – Monterroso A

SD Chantada A – Friol A (o vencedor xogará co Guntín)

Ribadeo – Viveiro (partido da 2ª rolda)

Santaballés – Folgueiro (o vencedor xogará co Foz)

Sarriana – Lemos (partido da 2ª rolda)

Outeiro Rei – Chantada Atlético

Burela – Castro

Taboada – Pol (o vencedor xogará co Pastoricense)

Na 2ª rolda haberá dobre derbi de equipos da Preferente: xogarán Ribadeo e Viveiro e a Sarriana e o Lemos. 

O resto das datas tamén están fixadas. A seguinte eliminatoria xogarase o 29 de decembro. En pleno Nadal. Os cuartos de final serán no Entroido (fin de semana do 23 de febreiro). As semifinais están colocadas o 1 de maio; festivo estatal que cadra en venres. A final xogaríase o 17 de maio, día das Letras Galegas. Non obstante, estas datas poden ser modificadas. Se os equipos se poñen dacordo poderían buscar alternativas.

O San Lázaro gañou a última edición da Copa Deputación da 2ª e da 3ª. Foto: Roberto Carreira

Copa da Segunda e da Terceira Rexional:

A 1ª rolda xogarase na fin de semana do 8 de setembro. A 7 días de que comecen a liga os equipos da Segunda e a 15 de que o fagan os da Terceira. O Roupar, o Celeiro, o Fonsagrada e o Xermade están exentos desta primeira rolda na zona norte. Na zona sur o Palas, o Lemos B, o Ferreira, o Becerreá e o San Lázaro (vixente campión) quedan exentos da primeira eliminatoria.

Partidos 1ª rolda: zona norte

Meira – Valadouro

Viveiro B – Lugo Unión

Goiriz – Iberia (o vencedor xogará co Celeiro)

Cospeito – Muimenta (o vecnedor xogará coa Fonsagrada)

Candelaria – Catro Roldas (o vencedor xogará co Roupar)

Celta Barreiros – Rioaveso

Cabreiros – Comercial

Pontenova – Guitiriz

Nuevo Naustí – Mondoñedo

Friol B – Abadín

Cazás – San Ciprián

Alfoz – Matela (o vencedor xogará co Xermade)

Partidos 1ª rolda: zona sur

Santa Comba – Castroverde

Carballedo – Portomarín

Antas – Brollón

Monterroso B – Milagrosa

Oural – Páramo

Sober – Chantada B

Taboada B – Incio (o vencedor xogará co San Lázaro)

Bóveda – Sporting Lucense (o vencedor xogará Becerreá)

Relámpago Taboada – Rubián (o vencedor xogará co Palas)

Rio Sil – Quiroga (o vencedor xogará co Lemos B)

Corgo – Paradela (o vencedor xogará co Ferreira)

A Copa na 2ª e na 3ª Rexional continuará a finde do 8 de decembro, a do 22 de decembro, a do Entroido, a do 24 de maio e a do 31 de maio.

O Friol A venceu na última final de Copa ao Friol B. Na nova edición non participará o actual campión

Copa Feminina:

Será a última en poñerse en marcha. Participarán seis equipos. Todos os existenstes de futbol-11 na provincia, agás o PM Friol A que participará este ano na Segunda Pro. Non forma parte do cadro a Milagrosa que este ano non terá equipo de fútbol 11. Só o terá de fútbol – 8, ao igual cá SD Burela. O Antas e o Carballedo pasan exentos ás semifinais. Xogarán entre eles un pase a final. O outro duelo de semis sairá dos vencedores dos partidos da eliminatoria previa. Esta xogarase no Entroido.

1ª rolda (xogarase na fin de semana do 23 de febreiro):

CD Lugo – SD Chantada

PM Friol B – SG Comercial

Aspecto económico:

Como xa anunciamos, a Real Federación Galega de Fútbol vai aportar cartos aos equipos que participen na Copa Deputación 2020. O ente galego vai aportar 800€ aos equipos da Preferente, 500€ aos da Primeira Rexional e 300€ aos da Segunda e da Terceira. No caso da Deputación provincial o sistema seguirá sendo por pasar eliminatorias. Por cada rolda xogada como visitante os equipos de Preferente e Primeira cobrarán 450€. Mentres que os de Segunda, Terceira e fútbol feminino ingresarán 385€. Por cada eliminatoria xogada como local os equipos da Preferente e da Primeira cobrarán 600€. Mentres que os da Segunda, Terceira e fútbol feminino ingresarán 450€. A maiores haberá premios económicos para os finalistas. Na final da Preferente e 1ª o gañador cobrará 5000€ e o subcampión 4000€. Na final da 2ª e 3ª Rexional o campión ingresará 4000€ e o subcampión, 3000€. Os mesmos premios serán na final do futfem. Serán 4000€ para o gañador e 3000€ para o subcampión.

Datas: 

Son a principal novidade desta edición. Ademais prevese que a final da Copa Fem e da Preferente e 1ª Rexional se xoguen no mesmo día e no mesmo campo. Sería unha diferenza con respecto ao ano pasado. A data fixada é a finde do 17 de maio. A final da Segunda e Terceira Rexional sería na última fin de semana de maio.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.