Jacob Maseda (Viveiro CF): «Quero estar convencido de que estou para xogar»

Ás veces podémoslle botar a culpa a mala sorte. Outras ao destino. Ou simplemente a que a “a vida é así”. O que non debemos é resignarnos. Sempre temos que buscala esperanza. Desta filosofía sabe algo o noso protagonista. Unha vez máis a sombra das lesións volve as pernas de Jacob Maseda Veiga (29-12-1995, Foz). […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (8)

  Volvemos á nosa cita dos luns coa II Guía Futbolinlugo. Hoxe traemos outra nova entrega con catro equipos da Segunda Autonómica, grupo norte: San Ciprián, Roupar, Meira e Cospeito.

Brais (C.S.D. Arzúa): «Xogar en Riazor contra o Deportivo foi moi especial, sempre o recordarei»

A pasada campaña a piques estivo de facer a súa estrea en Terceira nas filas do Racing Vilalbés logo dunha pretemporada ás ordes de Simón Lamas, pero seguiu medrando no Ribadeo en Preferente Autonómica. Agora Brais Preito Cobas (Frexulfe – O Valadouro, 05/06/1999) non deixou pasar o tren. O Arzúa, equipo revelación da Terceira na […]

As novas medidas da Xunta de Galicia

A volta ás competicións é un tema que estamos a tratar de xeito recurrente nas últimas semanas. Os que queren comezar, os que non, os que xa saben que eles non competirán, os que saben que si competirán… hoxe poñemos o foco nestes últimos: os deportistas de divisións «non profesionais» de ámbito estatal. Isto é, […]

María Monterroso, PM Friol: «O proxecto do clube convenceume para vir»

Poucas persoas poden presumir de defender as cores do seu país en compromisos internacionais. Menos aínda son as que o fan lucindo o brazalete de capitán. E incluso menos as que poden dicir todo isto con tan só 26 anos. Maria Amanda Monterroso, internacional con Guatemala e dianteira do PM Friol desde este pasado agosto, […]

LP e Fanny Varela, elixidas no once ideal galego da pasada temporada

O fútbol galego medra e o lucense tamén. Así o acredita a Revista de Fútbol Feminino Galego, referente no seguimento do futfem. Aínda que foi unha tempada inacabada, a publicación galega organizou unha campaña máis a elección das mellores do curso. Elaborou o Once Ideal Galego Absoluto, o Once Ideal Promesa e o Once Ideal […]

A II Guía Futbolinlugo, en dixital (7)

Mentres agardamos polo retorno do noso fútbol, seguimos repasando a II Guía Futbolinlugo. Desta volta é o turno para catro conxuntos de Primeira Autonómica: Folgueiro, Friol, Lourenzá e Taboada.  

Máis do 50% dos equipos lucenses van pedir o adiamento do inicio das competicións

Os clubs de Lugo levan días debatendo sobre o inicio das competicións. O tema céntrase en cando debera comezar a temporada nestes tempos de pandemia. Varios equipos doutras zonas de Galicia xa lle manifestaron por escrito a Real Federación Galega de Fútbol que se opoñen a que os partidos comecen xa. Agora semella que varios […]

O anecdotario: Cambio radical, por Marcos González

Seguramente poderia contar moitas máis anécdotas, porque o fútbol ten cousas boas e cousas malas, pero o que é certo é que podes ter historias que contar durante un par de sobremesas. A miña nesta ocasión vai ser relacionada co fútbol base, unha anécdota que sempre que coincido con Antonio Gómez a conta.

R.C. Deportivo e Somozas, duros rivais para os nosos equipos de Terceira este fin de semana

Pouco a pouco voltamos á rutina nos nosos campos. Polo menos nos de Terceira. A pasada fin de semana o balón voltou a rodar en Cantarrana coa posta de longo do Viveiro e o Racing Vilalbés. Co calendario ligueiro xa coñecido, este sábado 26 de setembro dous dos tres representantes lucenses da terceira división xogan […]

Das San Lucas ao inicio da Primavera; a 1ª fase da 3ª xa ten almanaque

Este xoves sorteouse o almanaque da primeira fase da nova Terceira Galega. A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela foi o lugar onde se desenvolveu o sorteo. A competición comeza a finde das San Lucas cun formato renovado. Os tres representantes lucenses están encadrados no subgrupo 1A. A primeira fase do campionato […]

Diario dun mercado. Episodio 194

Nestes días a provincia debate entre os clubs partidarios de non xogar mentres a pandemia non cambie de rumbo; e os que cren que a volta é posible. Polo que non queda moito oco para as fichaxes. Ademais moito dos cadros de futbolistas xa están confeccionados a estas alturas. Á espera do que pasa finalmente […]

Luz ámbar ante o comezo das competicións

Nos últimos días falouse moito das diferentes circulares que ían chegando sobre a volta do fútbol: mascarilla obrigatoria, renuncia á mesma, tests serolóxicos… e demais novidades que trataban de facer viable o comezo da temporada futbolística. Porén, os verdadeiros protagonistas disto son os clubes e, como tales, conxuntos de todas as delegacións galegas están a […]